http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Vídeos - Falo o que quero falar
en Sbado, 17 Maio 2008
por Xabi Lista del autor
en DEPARTAMENTOS > Normalización Lingüística
Comentarios: 0
Clicks: 520
Sen valorar -

Na campaña "Entre Nós en Galego" do curso 2003-2004, participamos no certame de música coa canción "Falo o que quero falar", acadando o 3º premio provincial.

A música é unha versión de "Twist and Shout", famosa canción dos anos 50 dos Isley Brothers, adaptada para conxunto instrumental por Íñigo. A letra de "Alén do Mar" foi escrita polo Departamento de Normalización do instituto, e nela preténdese expresar que non falamos en galego porque nolo impoñan, ou porque nalgúns lugares estea ben visto, senón simplemente porque é a nosa fala e é a que realmente queremos usar.

Letra:

Seica non falas?
De que vas?
Bule, bule, bule, móvete!
Veña, decídete xa!
Din algúns que fale inglés,
outros que o castelán,
sempre coa mesma música,
falo o que quero falar.

Seica non pensas?
De que vas?
Bule, bule, bule, móvete!
Veña, decídete xa!
Algúns din que non fago ben,
que teño que cambiar,
pero, sábe-lo que che digo, meu?
falo o que quero falar.

Seica non oes?
De que vas?
Bule, bule, bule, móvete!
Veña, decídete xa!
Algúns din que non fago ben,
que é lingua de pailáns,
pero, sábe-lo que che digo, meu?
falo o que quero falar.

Bule, bule, bule, móvete!
Bule, bule, bule, móvete!
Bule, bule, bule, móvete!



Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com