http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Olimpíada Tecnolóxica
en Domingo, 25 Maio 2008
por Xabi Lista del autor
en DEPARTAMENTOS > Tecnoloxía
Clicks: 1149


A finais do curso 2005-2006, xuntámonos varios profesores que estiveramos no Leiras Pulpeiro en distintos anos e que agora está cada un nun instituto distinto. Mario, que está en Cervantes, Esther en Pedrafita do Cebreiro e Rosa en Castrocaldelas. Ocurríusenos que sería unha boa idea, xa que estamos tan espallados e xa non podiamos facer proxectos en común, que poderíamos aproveitar a conexión a Internet para poñer en comunicación os catro centros, de xeito que o alumnado de tecnoloxía de cada centro pudera contactar entre si e traballar en grupo.

Durante o curso 2006-2007, o proxecto foi medrando ata que desemboucou na realización da I Olimpíada Tecnolóxica, que tivo lugar a finais do curso no Cebreiro, onde se reuniron as persoas que xa tiveran contacto a través da web, para coñecerse na realidade e facer probas prácticas por grupos.

A páxina oficial do grupo é http://www.toupasoft.com/tecnogalicia

Debido á limitada capacidade do pobo, só puderon participar arredor de 120 alumnos, que dividido entre catro centros e catro cursos, nos dá un total de 5 alumnos por cada curso nun mesmo centro.

Pasada a romaría, editamos un vídeo dese día, que reflicte moi ben o que aconteceu:






A experiencia foi boa e repetímola no curso seguinte, hai apenas un par de días. Confiamos en seguir facéndoa ano tras ano.
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com