http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Éxito do Leiras Pulpeiro na liga LEGO
en Luns, 24 Novembro 2008
por Xabi Lista del autor
en NOVAS > Departamentos - Novas > Tecnoloxía - Novas
Comentarios: 4
Clicks: 925
Sen valorar -

Aínda que nós non saiamos no periódico, fixémolo moi ben.

O domingo pola mañá (aínda que sería mellor dicir pola noite, porque ás 8:00 aínda era de noite), dous grupos do noso instituto acudiron á facultade de veterinaria para participar no torneo LEGO. Peor foi para os que viñan de Cervantes e Pedrafita, liderados polos nosos benqueridos Mario e Esther, xa que tiveron que erguerse da cama ás 6 da mañá.

Os grupos eran os seguintes:

ASIMOV:
  • Sabela Gómez Carreira
  • Valentín Castro Fernández
  • Noel Agruñá López
  • Patricia García Castro
  • Lara Adán García
  • Lucía Cruz Afonso
  • Antía Balbás González

NEXUS I:
  • Carlos Vilaboa Díaz
  • Sandra Romero Núñez
  • Jacobo Fernández López
  • Yago-Adrián Portela de la Fuente
  • Rubén Grandío García
  • Marta Pérez Murado
  • María González Arias
  • Eder Fernández Expósito

Finalmente, Eder non pudo acudir á cita. Tamén quero dedicar unha lembranza ós compañeiros de 4º ESO que nos axudaron e que por ter máis idade da permitida non puderon participar; Fran por axudar na montaxe, Clemente pola construción da mesa e Sarai porque estivo co resto do grupo tódolos días (incluso as tardes).

Tamén unha mención especial a Cristian, que non participou por ser "vago de nacemento": se nacera tan só un día antes, estaría dentro da idade máxima admitida.


Primeira fase

Comezamos a primeira fase, que constaba de tres rondas puntuables, con moitos nervios.

O robot Nexus I tiña un sensor de son que servía para que, ó berrarlle, comezara a moverse. Unha vez aló, vimos que o ruído ambiental era tal que se activaba só, así que houbo que cambialo por un pulsador. Buscamos como tolos o programa no ordenador, pero por algún despiste non estaban os programas completos, faltaban arquivos. Despois duns minutos de desesperación, probamos a ver se servía o mesmo programa co novo sensor, o que finalmente resultou gracias a que o sistema é dixital.

Solucionado iso, fomos ver como se desenvolvía o equipo Asimov. Ó parecer, algunha irregularidade no tapete da mesa facía desviarse o robot fóra da ruta que tiña entrenada, co cal había que ir recollelo coa man, o que era penalizable. Nunha desas, cos nervios a flor de pel, o robot perdeu parte dos seus accesorios e houbo que montalo de novo, perdendo con iso un tempo vital.

Xusto nese momento, o outro robot, que tiña que entrar en concurso en 5 minutos, tamén sufría un accidente na zona de entrenamento, partíndose en varios anacos. Novamente, coa adrenalina inundando o sistema nervioso, conseguimos montalo de novo antes de participar na primeira ronda.

Nesta primeira participación levamos a sorpresa de que nunha das probas había que arrastrar dous bloques amarelos, mentras que nós só tiñamos un. Iso perxudicounos, porque o robot sempre tropezaba co segundo bloque, facéndoo desviarse da traxectoria (proba non superada e penalización por coller o robot coa man). Para colmo de males, un deses bloques amarelos quedou na traxectoria do robot na misión que máis puntos valía e fíxoo desviarse. O árbitro da mesa dixo que non podía facer nada, pero despois de insistirlle ó arbitro xefe en que era legal apartar un obxecto que está na ruta do robot, quedou claro que  tiñamos razón, pero non se podía repetir a ronda; aínda así, prometeron ter en conta esta regra nas seguintes rondas. A puntuación desta primeira proba foi de 35.

Rematamos esta primeira ronda nos postos 13 e 14.

Primeira ronda de Asimov


Primeira ronda de Nexus I

Para a segunda ronda, o grupo Asimov cambiou de técnicos. Sabela, auténtica alma mater do equipo, continuou manexando o robot, mentras que agora o axudante foi Tino. Tino non se cortou un pelo, cando algunha peza molestaba no camiño do robot, nin árbitro nin parvadas desas, collía el a peza e listo.

Na outra mesa, o grupo Nexus, formado agora por Sandra e Rubén, probou a súa valía no campo de xogo. Novamente, houbo problemas en varias misións, non conseguiron facer todas as previstas, pero aínda así superaron a puntuación da primeira ronda acadando 60 puntos.

Esta segunda ronda rematou cos equipos nos postos 11 e 13.


Segunda ronda de Asimov

Segunda ronda de nexus I



Na última ronda, o equipo Asimov tivo a mala sorte de apartar os paisanos da cidade mentras facía a proba do illante, o que imposibilitou facer esa proba despois. A bici tropezou na roda por un fallo de orientación, desprazándoa do seu sitio, pero Tino, nin corto nin perezoso, colocouna de novo no seu lugar. Despois de varios intentos, ó final non pudo ser e o equipo quedou fóra da fase de cuartos de final.

Mentras tanto, o equipo Nexus estaba practicando no PIT lane a proba do oso, motoneve e esquiador, posto que facendo esas tres a un tempo conseguíase un mínimo de 35 puntos e nas dúas anteriores rondas non saiu ben. Despois de varios intentos, quedou clara a posición na que tiñan que ir estes obxectos para non caer. Ademais, variaron a orde das misións, porque no caso de que perderan un dique por penalización, a proba dos diques fallaba, así que decidiron facer esta en primeiro lugar, antes de perder ningún. Dispostos a remontar, saíron ó escenario Yago e Carlos, que nos deleitaron cunha ronda memorable ó conseguir facer con éxito case tódalas misións. Nos últimos segundos, e a falta dunha proba, Carlos colocou o robot con tanta presa que saiu desviado e levou por diante a barreira da inundación. Con 105 puntos, saltaron ata o 4º posto da clasificación xeral.

Salientar que tamén pasaron a cuartos o equipo de Cervantes (liderado por Mario, o noso profe de tecnoloxía no curso 2003-2004), e o de Pedrafita (coa dirección de Esther, que estivo connosco no curso 2002-2003). Lamentamos a eliminación do equipo de Aurora, que finalmente quedaron últimos na clasificación xeral.

Terceira ronda de Asimov

Terceira ronda de Nexus I



Cuartos de final

Nun duelo fratricida, o noso equipo tivo que medirse en cuartos de final co equipo de Cervantes.

A primeira misión saiu ben, pero logo foron sumándose unha serie de erros coa bici e illantes que supuxeron dúas penalizacións. Por culpa dos nervios, e debido tamén a que a folla coa orde das misións desaparecera, o equipo confundiu a orde das probas 4ª e 5ª, e viron con estupor como o boneco que estaba sendo desprazado cara a montaña repentinamente cambiaba o rumbo para estrellarse contra a barreira da inundación. Novamente, 10 puntos perdidos por non lograr a misión e outros 5 de penalización por recoller o robot coa man. A pesar de todos estes atrancos, agardabamos con impaciencia a nosa misión estrela: o oso, motoneve e esquiador caeron limpamente na zona branca, a roda caeu do seu soporte e finalmente o robot rematou a súa viaxe na zona precisa.

Xa estamos en semifinais!!!



Semifinais

Noutra ronda memorable, o noso equipo fixo as últimas probas perfectas, arrancando un grito de xúbilo da bancada no momento en que, na famosa misión crítica, o oso caía na zona branca. Seguros de pasar á final, posto que o equipo rival non fixera gran cousa co seu robot, agardamos a puntuación que nos levaría a xogar por un posto na final nacional de Barcelona.

Na zona de xuíces había moito rebumbio, un fala con outro, este consulta co do lado, miradas que van e veñen, e finalmente o árbitro xefe coméntanos que o equipo rival se sentiu prexudicado porque o seu robot tocou nunha misión coa tarxeta de identificación do árbitro, e piden que se repita a semifinal. Como iso non está contemplado (de feito, a nosa primeira ronda non se repetiu a pesar de que o árbitro non apartara o obstáculo do camiño do robot), pediunos como cortesía que accederamos a repetir a semifinal, o que foi aceptado polo equipo, facendo gala así dun espírito deportivo sen igual. Lamentablemente, na repetición o equipo Pinsapo fíxoo moito mellor que a primeira vez e conseguiu pasar á final no noso lugar.




Proxecto técnico


O equipo Nexus chegou á sala onde había que defender o deseño do robot, a programación e como foi construído. Sandra tomou a iniciativa (máis ben tomou unha "forzada iniciativa", é dicir "Sandra, tocouche, apáñate"), e comezou a explicar como fixeran. Puxeron unha marabillosa presentación en PowerPoint, onde describían como foi o traballo dende o primeiro día (hai un mes) , como repartiron as tarefas, como analizaron as misións, a montaxe, a programación, os problemas que xurdiron e como os afrontaron. De feito, tamén comentaron o problema de última hora co sensor de son.

O xurado, ademais de facer algunhas preguntas, pediulles que ensinaran a programación do robot; despois enterámonos de que iso era debido a que outro instituto programou o seu robot usando linguaxe C, que a pesar de ser máis complicada que o modo gráfico, cousa que é digna de admiración, estaba prohibido polas bases do concurso. Ó rematar, o xurado quedou moi impresionado e díxolles que fixeran un gran traballo.



Proxecto científico


O grupo Nexus contaba para o proxecto científico co incomparable traballo de Marta e María, que levaron todo o peso deste proxecto; Marta fixo a defensa do traballo mentras María  manexaba a presentación co ordenador. Cunha presentación moi traballada, tanto nos contidos como na estética e a presentación (hai que destacar que estiveron o sábado pola tarde ensaiando unha e outra vez a exposición para controlar o tempo, mentras Sabela lle daba os últimos axustes ó robot Asimov), desenvolveron o problema do cambio climático a nivel global, na nosa comunidade e finalmente os problemas medioambientais de Lugo. Precisamente, esta última parte foi a nosa perdición, porque ó dicir que a auga de Lugo non era boa, un membro do xurado pareceu ofendido e insistiu en que era perfectamente potable e non había ningún problema en consumila. Este acribillou á pobre Marta con preguntas e menosprezou o traballo dicindo que os datos que manexou eran falsos e  que había que investigar máis. Humillados, marchamos para a zona de concurso, non sen acordarnos de toda a familia do xurado.


PREMIOS

Sábenos moi mal non conseguir ningún dos 8 premios que se repartiron. Eran 8 premios para un total de 16 equipos; tendo en conta que levabamos 2 equipos, fallounos claramente a probabilidade estatística.

Os premios foron:

1) Premio ó equipo con máis puntos
2) Premio ó mellor proxecto técnico
3) Premio ó mellor proxecto científico

4) Premio ás "novas promesas", que foi parar á Fonsagrada.

5) Premio ó "traballo en equipo".

6) Premio ó "espírito de equipo" (que alguén me explique a diferencia entre espírito de equipo e traballo en equipo).

7) Deseño para todos. Aquí non digo nada porque aínda non entendo o que significa ese premio.

8) Mellor entrenador. Dende aquí a máis calurosa felicitación ó gañador. Sabedes quen foi?






Por certo, de parte do presentador do concurso, os merecedores do premio ó espírito son claramente o IES Leiras Pulpeiro e o CPI Guntín. Aquí vos deixo un momento da animación no escenario:
 




Comentarios
Enviado por Xabi el 02-Dec 21:47
Responder Éxito do Leiras Pulpeiro na liga LEGO
[ Diplomado/a ]
Rexistrado: 01-Xan 01:33
Comentarios: 53
Ups, esquecera poñer os comentarios
Enviado por Xabi el 02-Dec 21:57
Responder Éxito do Leiras Pulpeiro na liga LEGO
[ Diplomado/a ]
Rexistrado: 01-Xan 01:33
Comentarios: 53
Por certo, que case non falo do grupo Asimov porque non estiven con eles.

A ver, alguén dese grupo, que se anime a relatar a xornada!

Enviado por Boris el 05-Dec 16:12
Responder Éxito do Leiras Pulpeiro na liga LEGO
Invitado
Anda, felicidades polo concurso, se un día paso por aí, a ver se me contas como fixechedes para programalos, que realmente parece moi interesante, pena do da última ronda, pero bueno, ainda así fixéchedelo moi ben.

Sorprendeume moito o de Esther e Mario.

Saudos!


Enviado por Xabi el 08-Dec 22:30
Responder Éxito do Leiras Pulpeiro na liga LEGO
[ Diplomado/a ]
Rexistrado: 01-Xan 01:33
Comentarios: 53
Tamén debo dicir que teño un grupo que non o merezo. Traballastes moi ben todo este tempo.

Se me chegan a dar o premio ó mellor entrenador, despois de deixarvos colgados unha semana polo camiño de Santiago e outra semana máis pola gripe, escacho coa risa.

Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com