O pasado 13 de maio varios dos nosos alumnos participaron na actividade "Matemáticas na rúa" e o fixeron moi ben. De feito, acadaron o Segundo Premio.
O día 13 de maio, celebrouse este certame no que tivemos que realizar diversas probas:
Na Rúa do Progreso fixemos unha proba que consistía en construir varias figuras facendo combinacións de trapecios, triángulos...
Na Praza de Asturias fixemos unha proba de simetría con espellos.
Na Rúa San Marcos fixemos unha proba parecida á primeira pero podíamos utilizar todo tipo de figuras xeométricas.
Na Rúa Nova tivemos que construir unha serie de rectángulos con medidas determinadas.
Na Praza de Sta. María realizamos probas como as anteriores (de construcción de figuras) máis as coñecidas "Torres de Hanoi".
Na Praza Maior houbo que facer probas sobre combinacións de cores e sudokus.
Na Praza de Ángel Fernámdez Gómez fixemos uns xogos de "memories".
Despois reunímonos diante do Concello para coller o autobús que nos levou comer á Palloza.
Logo de xantar fomos ao Instituto Politécnico para ver unha obra de teatro e recoller o 2º Premio do 2º Ciclo da ESO (un lote de libros máis unha calculadora para cada un).
Despois de rematar volvimos ao Leiras para facer unhas fotos.
Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL. Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro