http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Seccíons bilingües no IES Leiras Pulpeiro
en Sbado, 26 Setembro 2009
por Íñigo Barreiro Lista del autor
en CENTRO
Clicks: 729

Enténdese por unha Sección Bilingüe un grupo de alumnos/as que reciben as ensinanzas dunha determinada materia dun modo bilingüe, é dicir utilizando como lingua vehicular unha lingua estranxeira (L2) ademais da lingua propia.
 
O grao de utilización da lingua estranxeira nesa materia, entendendo por “grao” tanto o tempo de exposición a ela como a dificultade das construcións verbais, dependerá en gran medida da competencia lingüística previa que teñan os alumnos/as nela.
 
No IES Leiras Pulpeiro se veñen impartindo desde o curso 2008/2009 dúas seccións bilingües de Música en inglés (unha en 3º e outra en 4º de ESO). No curso 2009/2010 a oferta ampliouse a dúas seccións máis en inglés, estas de Ciencias sociais, xeografía e historia que, coma as de música, comprenden un grupo de 3º e outro de 4º de ESO.

Non se utiliza a lingua estranxeira en todo momento debido á limitada competencia lingüística dos alumnos a estas idades, aínda que ao longo do curso, pouco a pouco, foi aumentando a utilización do inglés nas clases.
 
O centro ofrece a posibilidade de estudar de maneira opcional en inglés a Música  ou as Ciencias sociais, xeografía e historia: mentres un grupo forma unha sección bilingüe, os demáis alumnos dese mesmo nivel reciben o ensino desta materia do modo tradicional, na lingua propia.
 

Con esta oferta preténdese colaborar na capacitación lingüística do alumnado, e non entrar a competir co ensino noutras linguas (galego ou castelán). Todos os estudos sociolingüísticos inciden no feito de que aprender máis idiomas favorece a adquisición de competencias lingüísticas en cada un deles. Ao ser o inglés a primeira lingua estranxeira estudada polos alumnos/as do centro, parece lóxico utilizala nas seccións bilingües para colaborar na súa aprendizaxe formal.
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com