http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
ACTUACIÓNS
en Sbado, 30 Xaneiro 2010
por Íñigo Barreiro Lista del autor
en DEPARTAMENTOS > Música
Comentarios: 0
Clicks: 756
Sen valorar -


CURSO 2002-2003

Neste curso académico o noso Instituto participou no certame "Entre Nós, en Galego", convocado pola Direción Xeral de Política Lingüística, para fomentar o uso do Galego no ámbito educativo.

O profesorado do noso Departamento preparou unha canción cun grupo moi numeroso de alumnos, que formaban o Coro e o Conxunto Instrumental do IES Leiras Pulpeiro.

Despois de ensaiar case tódolos recreos, chegou a hora de participar. Tras resultar elixidos na primeira fase, provincial, foimos participar á fase final autonómica en Vilalba.

Cantos nervios...

E ao final...

Gañamos o...

¡¡¡1º PREMIO PROVINCIAL!!!  (Máis información e vídeo na páxina do ENDL)




CURSO 2003-2004

Neste curso académico o noso Instituto participou de novo no certame "Entre Nós, en Galego", convocado pola Direción Xeral de Política Lingüística, para fomentar o uso do Galego no ámbito educativo.

Como sempre, o profesorado do noso Departamento preparou unha canción cun grupo moi numeroso de alumnos, que formaban o Coro e o Conxunto Instrumental do IES Leiras Pulpeiro.

Despois de ensaiar recreo tras recreo, chegou a hora de participar. Tras resultar elixidos na primeira fase, provincial, foimos participar á fase final autonómica en Vilalba.

Os nervios de sempre...

E nesta ocasión...

Acadamos o...

¡¡¡3º PREMIO PROVINCIAL!!!  (Máis información e vídeo na páxina do ENDL)

Noraboa aos participantes, que traballaron moitísimo e o mereceron.




CURSO 2004-2005

Neste curso académico o noso Instituto volveu participar no certame "Entre Nós, en Galego", convocado pola Direción Xeral de Política Lingüística, para fomentar o uso do Galego no ámbito educativo.

O profesorado do noso Departamento preparou, como outros anos, unha canción cun grupo moi numeroso de alumnos, que formaban o Coro e o Conxunto Instrumental do IES Leiras Pulpeiro.

Despois de ensaiar case tódolos recreos, chegou a hora de participar. Tras resultar elixidos, como sempre, na primeira fase (provincial), foimos participar á fase final autonómica en Vilalba.

Cantos nervios...

E ao final...

Gañamos de novo o...

¡¡¡3º PREMIO PROVINCIAL!!!  (Máis información e vídeo na páxina do ENDL)



Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com