http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Admisión do alumnado en ESO e Bacharelato no IES Leiras Pulpeiro
en Sbado, 20 Marzo 2010
por Íñigo Barreiro Lista del autor Imprimir Contenido Crear archivo pdf de Contenido
en CENTRO
Clicks: 1484


(Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo da educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos)



SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA:
 
A efectuará o alumnado matriculado nun dos centros adscritos ao IES Leiras Pulpeiro, que desexe reservar a praza á que ten dereito neste instituto.

O centro adscrito comunicará ao IES Leiras Pulpeiro a lista de alumnos que desexan reservar praza nel, e facilitará o impreso aos pais/nais ou titores legales destes alumnos.

Impreso de solicitude de reserva para encher on-line e entregar despois no instituto.

O prazo de entrega destes impresos na Secretaría do IES Leiras Pulpeiro será do 1 ao 15 de febreiro, ambos os dous inclusive (agás no caso de que o último día de prazo coincida con día non lectivo, no que se prorrogará automáticamente ata o día inmediatamente seguinte que sexa lectivo).

Os centros adscritos ao IES Leiras Pulpeiro son os seguintes:
Lugo: CEIP de Casás e CEIP Menéndez y Pelayo
Friol: CPI Dr. López Suárez



SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Finalizado o prazo de solicitude de reserva de praza no centro (procedemento establecido para os alumnos procedentes dos centros adscritos ao IES Leiras Pulpeiro) cómpre iniciar o procedemento de solicitude de admisión no centro, establecido para o resto dos alumnos que queren acadar un posto escolar no centro.

O prazo de entrega destes impresos na Secretaría do IES Leiras Pulpeiro será do 1 ao 31 de marzo, ambos os dous inclusive (agás no caso de que o último día do prazo coincida con día non lectivo, no que se prorrogará automaticamente ata o día inmediatamente seguinte que sexa lectivo).

Impreso de solicitude de admisión para encher on-line e entregar despois no instituto.

O Consello Escolar decidirá a admisión do alumnado e o centro publicará as listaxes provisionais de admitidos.

Abrirase entón un prazo de reclamacións ás listaxes provisionais de admitidos.

Tras atender ás reclamacións publicaranse as listaxes definitivas de admitidos.




Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com