http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
LIBROS DE TEXTO CURSO 2010-2011
Relación de libros de texto de ESO e Bacharelato
en Martes, 29 Xuo 2010
por Íñigo Barreiro Lista del autor Imprimir Contenido Crear archivo pdf de Contenido
en CENTRO
Clicks: 1377
Adjunto Archivo Descargar adjunto



Relación de libros de texto para o curso 2010/2011

Aviso importante para 2º de Bacharelato:
os libros das materias seguintes son os mesmos que aparecen na antedita relación, pero na súa versión en  castelán en lugar de en galego, polo que debe terse en conta que o ISBN e o idioma que aparecen nesa relación non son os correctos:
-Historia de España
-Geografía
-Historia del Arte
-Biología




Información sobre a gratuidade dos libros de texto na ESO
:


Segundo o Decreto  79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG do 25/05/2010), no curso 2010/2011 as seguintes materias da ESO, que até agora viñan sendo impartidas en galego, cambian a súa lingua vehicular a castelán:

  • Matemáticas
  • Física e química
  • Tecnoloxía

As materias de Ciencias sociais, xeografía e historia e de Ciencias naturais e Bioloxía e xeoloxía, continuarán a impartirse en galego.

Amais, cada centro educativo decidirá a lingua vehicular en que se imparten o resto de materias, procurando un reparto equitativo do mesmo número de horas semanais recibidas en galego e en castelán.

Debido a estes cambios, algún dos libros non poden continuar no  Programa de Gratuidade de Libros de Texto, por non estar editados na mesma lingua que os que forman os lotes prestados polo centro no seo deste programa.

Deste xeito, nas listaxes dos libros pódese ver cales deles pertencen ao Programa de Gratuidade de Libros de Texto, os cales, por conseguinte, serán prestados ao alumno/a polo centro ao comezo das clases (o/a alumno/a levará no lote entregado polo centro todos os libros que formaban o mesmo e que foron entregados o curso anterior).

Os libros desas listaxes que non pertencen ao Programa de Gratuidade de Libros de Texto deben ser mercados polos alumnos/as.

En todo caso, pódense solicitar achegas económicas para mercar estes libros ou outro material escolar a través do novo Programa de Gratuidade Solidaria, do que poden solicitar máis información na Secretaría do instituto.




Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com