http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
AXUDAS AO ALUMNADO PARA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2012
en Luns, 05 Marzo 2012
por Íñigo Barreiro Lista del autor
en NOVAS > Centro - Novas
Clicks: 561


No DOG do día de hoxe publícase a Orde do 22 de febreiro de 2012, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguasestranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril.

 
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.


No caso dos centros concertados, en educación primaria e educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa.


No caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, a certificación asinaraa o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.


O alumnado interesado pode preguntar na Secretaría do IES Leiras Pulpeiro, onde lle informarán oportunamente.


Enlace á Orde de convocatoria:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120305/AnuncioG0164-240212-12650_gl.pdf

 


Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com