CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR 2012: TEMOS MEDALLISTAS
en Mrcores, 07 Marzo 2012 por Íñigo Barreiro en NOVAS > Centro - Novas Comentarios: 0 Clicks: 638
9.0 - 1 Voto -
O martes día 6 de Marzo celebrouse o Campionato Provincial de Orientación Escolar (carreiras de orientación), no que participaron alumnos e alumnas de varios centros da provincia de Lugo.
O IES Leiras Pulpeiro participou no mesmo con 31 alumnos/as, acompañados polos profesores de Educación Física do instituto. Queremos felicitar a tódolos participantes polo seu esforzo e magnífica actitude, así como facer unha mención especial para os que obtiveron medallas: -Infantil Masculino: Daniel Coira (1º) e Miguel Balboa (2º). -Infantil Feminino: Gloria García (3ª). -Cadete Feminino: Alba Buján (2ª).
Esperamos ter unha boa actuación no Campionato Galego que terá lugar en Lugo o día 27 de Marzo.
Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL. Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro