Este ano non se distribúen impresos de solicitude. O formulario debe ser cuberto a través da páxina web https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites y servicios.
É IMPORTANTE QUE A SOLICITUDE ESTEA BEN CUBERTA, especialmente o seguinte:
No apartado F da páxina 1. Axudas solicitadas. A encher polo centro educativo.
Páxina 5 y 6. Certificacións.
Sinatura dos membros computables da familia na páxina 2.
Todos aqueles alumnos que soliciten axudas para reeducación pedagóxica e de linguaxe ou axudas para o programa específico para alumnado con altas capacidades deben presentar informes da orientadora do centro indicando:
a) As necesidades que presenta o alumno ou alumna.
b) Necesidade de asistir a programas de apoio. É preciso incluír a insuficiencia ou inexistencia de atención pedagóxica no centro escolarizado e a causa desta (falta de profesional axeitado, falta de tempo para tratar os alumnos...)
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL. Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro