http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Alonso Montero visitará o Leiras
en Luns, 29 Outubro 2012
por Íñigo Barreiro Lista del autor
en NOVAS > Centro - Novas
Clicks: 597


 

Xesús Alonso Montero
O profesor Xesús Alonso Montero visitará o noso instituto o día 9 de novembro para divulgar a figura de MANUEL LEIRAS PULPEIRO no centenario do seu pasamento.

Alonso Montero é poeta, ensaísta, conferenciante, estudoso da literatura popular, home fondamente comprometido coa lingua e cultura galegas, loitador incansable pola igualdade e en contra da inxustiza.

Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, doctorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas de distintas Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid.

Realizou e publicou estudos sobre numerosos escritores e escritoras galegos, entre eles Leiras Pulpeiro. Salientamos, tamén, o seu papel como conferenciante en España e na América.

Recibiu numerosos galardóns, o último deles o premio Losada Diéguez de investigación en 2012.

Ingresou na REAL ACADEMIA GALEGA en 1993. O seu discurso de ingreso titulouno “Manifestos” en verso a favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante.

Moitos membros da nosa comunidade educativa asistiron as súas aulas en tempos difíciles para a lingua e literatura galegas e é tamén por esta razón polo que nos sentimos especialmente honrados e honradas  coa súa presenza no noso instituto.

 

Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com