http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Charla sobre riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías
en Luns, 03 Xuo 2013
por Íñigo Barreiro Lista del autor
en NOVAS > Centro - Novas
Clicks: 230


Dentro das actividades ofrecidas no marco do “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, o alumnado da ESO asistiu a unha charla informativa/formativa impartida por un experto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías.

Os obxectivos deste plan son favorecer a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

Na charla tratáronse temas coma o uso responsable das redes sociais (Facebook, Twitter, Tuenti, etc.) e dos sistemas de mensaxería instantánea nos móbiles (Whatsapp). Asemade, os alumnos puideron escoitar consellos de seguridade para que ninguén puidera acceder remotamente ao seu ordenador e, por exemplo, activar a súa cámara para gravalos sen que se decataran. A utilización abusiva e irresponsable dos videoxogos en rede tamén foron abordados.

Deste xeito, o alumnado puido achegarse ás responsabilidades legais nas que pode incurrir, así como aos perigos que poden ameazalo no caso de facer un uso irresponsable destas ferramentas.

Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com