en Luns, 17 Febreiro 2014 por Íñigo Barreiro en NOVAS > Centro - Novas Clicks: 796
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO PARA O CURSO ESCOLAR 2014/2015:
1. Reserva de praza no centro de orixe (exclusivo para o alumnado dos centros adscritos CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo): 1-15 de febreiro.
2. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: 26 de febreiro.
3. Publicación de postos escolares vacantes: 19 de febreiro.
4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-20 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo-3 de abril.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Reclamacións ás listaxes provisionais: até o 30 de abril.
8. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.