http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Foros
IES Leiras Pulpeiro - Lugo :: Foros :: Alumnado :: Foro xeral
 
<< Tema anterior | Tema siguiente >>
ACABOUSE O CURSO!!!!!!!!! (2)
Moderadores: María Cabo, Xabi, Íñigo Barreiro, Pepe Domingo, Dolo, Élida, Berta, José Luis, Alicia, Nanda, Chus, Elena, Feliz, Fidel, Ana García, Folgar, Cascudo, José Antonio, Traseira, Juncal, Manolo, Marina García, Ramos, Natalia, Nati, Ramiro, Reme, Fefa, Susana, Villamarín, Xpablo, Candi, Cristina, María José, Nuria, Paula, Rosa, Carri, Ana Belén, Palacios, Ana Sureda, Mª Teresa Llano, Lidia Ascariz, Lulu, Juan, María Álvarez, Noelia, Manuel Veiga, José Antonio Cortiñas Rguez, Isabel, Marisol, Auri, Gloria, luis rico
Autor Mensaje
Marta Pérez Murado
24-09-2009, 21:33

Miembro registrado #35
Unido: 1-01-1970, 01:00

Mensajes: 5
Pois bueno, exactamente un ano despois da anterior mensaxe e para non perder a costume de escribir neste foro cada vez que remata o curso, aí vai:

 Outro curso máis rematado, comeza o verán de novo... e si, outra vez dáme moita pena que se acabe todo isto tan rápido: foi visto e non visto.
Que alegría por unha parte non ter que madrugar tódolos días, nin cargar coa pesada mochila, nin aturar 6h de clase seguidas... aínda así teño que admitir que vou botar de menos algunhas cousiñas...
Como certa persoa me dixo unha vez, é incrible a capacidade que ten o cerebro para esquecerse dos malos momentos e recordar os bos, porque a fin de contas 200 días erguéndose ás 7:30 da mañá e pelexando coa mesma monotonía de sempre case pasan a un segundo plano cando abundan tamén as cousas boas.

Rematado por fin 1º BAC. Foi un curso, mmmh... como definilo.... pois bastante apurado, diría eu. Sucedeu todo tan "deprisa e correndo" que case non me deu tempo a saborealo..., pero en xeral non hai queixa.

O ano que vén 2º BAC, e sen música nin TIC, bufff!!!..., QUE A FORZA NOS ACOMPAÑE!!

Xa sei que CASE ninguén vai ler isto , pero deséxovos moita sorte ós que deixades de estudar este ano para comezar en FP ou meterse na Garda Civil. Moita sorte tamén ós que tedes que sacar algunha materia en setembro (veña, Sabela, ánimoooo que ti podes con todas!!!!).


E isto é todo, amig@s!!! Pasade un bo verán! 6.gif



Marta
Volver arriba
Xabi
1-03-2009, 15:02

Miembro registrado #3
Unido: 1-01-1970, 01:33

Mensajes: 3
Pois si, exactamente o mesmo tempo que pasou dende a última mensaxe neste foro.

Que conste que desta vez o de CASE engloba a máis persoas, que o saibas.


O ano que vén 2º BAC, e sen música nin TIC, bufff!!!..., QUE A FORZA NOS ACOMPAÑE!!


Siiiii, claroooo, que farás este ano que xa non tes TIC!45.gif


Bueno, pois un saúdo tamén da miña parte. Un abrazo ós de TIC, xa que non me deu tempo a despedirme na última semana; é a primeira xeración coa que estou tres anos seguidos. Para o resto dos cursos, un "deica logo", xa nos veremos o curso que vén.


P.S. Se che pareceu que este curso "foi visto e non visto", agarda a entrar na década dos 20. E cando pases dos 30, os lustros si que serán "visto e non visto".
Volver arriba
 

Saltar:     Volver arriba

Sindicalizar este hilo: rss 0.92 Sindicalizar este hilo: rss 2.0 Sindicalizar este hilo: RDF
Powered by e107 Forum System
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com