|
Durante o mes de Novembro o IES Leliadoura organizou unha exposición co título Cine e Literatura, composta de trescentos programas de man pertencentes a fondos privados de dous coleccionistas, un de Pobra e outro de Vilalba, quen xenerosamente os cederon para a organización do acto. Correspondíanse con filmes proxectados en cines de pobo nos anos corenta, cincuenta e sesenta do século pasado.
Un centenar de obras literarias acompañaban aos carteis pretendendo mostrar a relación existente entre a base literaria, argumentos e diálogos, e o cinema como novo medio de expresión. A selección literaria comprendía autores diversos, tanto pola súa lingua de orixe como pola época literaria á que pertencían.
A intencionalidade didáctica era poder mostrar ao visitante a relación e visualización de que detrás de filmes moi coñecidos, agochábanse autores e argumentos literarios, en definitiva a orixe literaria de gran parte do sétimo arte. A exposición completouse coa proxección dun audiovisual, elaborado expresamente para a mesma, onde carteis publicitarios de diversos filmes eran acompañados pola banda sonora de Maurice Jarre, Doutor Zhivago.
|
|