A biblioteca do IES Leliadoura, convoca o 1º concurso de caligramas coas seguintes bases:
1.- Consideramos “caligrama” un texto, xeralmente poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema.
2.- Poderá participar calquera estudante, de secundaria, bacharelato ou ciclos formativos; por suposto, tamén están invitados a participar o profesorado e o persoal non docente.
3.- Cada concursante participará con un caligrama, orixinal e inédito. As obras irán asinadas e o tema será “os títulos dos libros”
4.- Os caligramas non superarán as dimensións dun folio DIN A4 e poderán presentarse manuscritos ou a ordenador.
5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 31 de marzode 2008. Os poemas engtregaranse en dirección, dirixidos ao vicedirector.
6.- O concurso está dotado con premios – sorpresa.
7.- As obras pasarán a ser propiedade da biblioteca do IES Leliadoura e cos caligramas presentados realizarase unha escolma para seren colocados na biblioteca do Centro.
8.- O Xurado estará constituído por membros do claustro de profesores do IES Leliadoura. O fallo realizarase na primeira semana de abril de 2008. Os textos gañadores serán enviados para participar nun concurso de caligramas que se está a levar a cabo no IES Castro da Luz. Este concurso está dotado cos seguintes premios: reprodutor DVD portátil (1º premio), un iPod Shuffle (2º premio).
9.- O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.Pública Municipal