Entroido:

Orixe:

O entroido é unha celebración pública que ten lugar inmediatamente antes da coresma cristiá, con data variable (desde finais de xaneiro ata principios de marzo segundo o ano), e que combina algúns elementos como disfraces, desfiles, e festas na rúa. Por extensión chámanse así algunhas festas similares en calquera época do ano. A pesar das grandes diferenzas que a súa celebración presenta no mundo, a súa característica común é a de ser un período de permisividad e certo descontrol.

O entroido está asociado principalmente co catolicismo, e en menor medida cos cristiáns ortodoxos orientais; as culturas protestantes usualmente non celebran o entroido ou teñen tradicións modificadas, como o entroido danés. A celebración do entroido máis grande do mundo é o Entroido de Brasil, pero moitos outros países teñen importantes celebracións, como a que se celebra en Italia, no Entroido de Venecia.

Os etnólogos atopan no entroido elementos sobreviventes de antigas festas e culturas, como a festa de inverno (Saturnalia), as celebracións dionisiacas gregas e romanas, as festas andinas prehispánicas e as culturas afroamericanas. Algúns autores consideran que para a sociedade rural, fortemente estruturada polo cristianismo, o tempo de "carnestolendas" ofrecía mascaradas rituais de raíz pagá e un lapso de permisividad que se opuña á represión da sexualidade e á severa formalidad litúrxica da Coresma.

Actividade:

Como todos os anos, no Entroido o celebramos por tódolo alto: O Festival de Entroido do Leliadoura. A participación foi moi alta, tanto en individual como en grupo, e non faltou o bo humor destas datas.