OLIMPIADA DO SABER

3ª Parte: O PREGUNTÓN

BASES DO XOGO

  • Os venres, no recreo, recollerase na biblioteca o preguntón.
  • A resposta entregarase o xoves da semana seguinte na biblioteca e durante o recreo.
  • Poderedes consultar calquera tipo de material.
  • As puntuacións aparecerán cada venres.
  • A inscrición dos equipos entregarase na biblioteca.

INSCRÍBETE XA!

2ª Parte: PISTA A PISTA

BASES DO XOGO

  • Este xogo durará 5 días, de luns a venres.
  • Cada día publicarase unha pista.
  • Póñense en xogo 5 puntos.
  • Por cada pista publicada restarase un punto dos que quedan en xogo.
  • Cada equipo poderá contestar unha vez por cada pista. Se entrega máis dunha resposta por pista anularánselle tódalas respostas, aínda que algunha fose correcta.
  • A última resposta entregada anulará as anteriores.
  • Ós equipos que acerten a resposta sumaránselles os puntos correspondentes segundo a pista na que acertaron.
  • Se non se acerta, non se restan puntos.
  • A resposta e a puntuación acadada por cada equipo sairá publicada cada venres.

FORMADE UN GRUPO (DOUS, TRES OU CATRO PERSOAS)E ANOTÁDEVOS NA BIBLIOTECA

O EQUIPO DA BIBLIOTECA.