A MALETA VIAXEIRA

Opinión da familia de Alba Fernández Sanlés

A idea da "maleta viaxeira" á miña familia pareceulle boa para fomentar a lectura entre os estudiantes e as súas familias.

A maleta ten unha decoración que estaría ben para un cadro (os debuxos están ben pintados), pero penso que cunha so cor chegaba de sobra.

O contido, en xeral, gustoulles a tódos os membros da miña familia. Miña nai leu "Los espejos venecianos" e "Valdemuller" (recoméndaos a todos) e botoulle unha ollada ó libro de receitas e ás revistas . Meu pai leu as revistas "Fotogramas" e "Integral" e os dous libros sobre Galicia. Miña avoa mirou as fotos destes dous libros, as revistas e o libro de receitas. Eu boteille unha ollada a todo (mesnos ó CD que non é do meu gusto), pero só comecei a ler "Laluna.com", porque non tiven tempo. O DVD, vímolo meus pais e máis eu, pero quedei durmida porque me parecía aburrido e antigo (e ademáis tiña sono). O CD de "Les Luthiers" escoitárono meus pais, pero din que os hai mellores.

En resumo, está todo moi ben, pero non dá tempo a ler case nada porque é pouco tempo.