Unha biblioteca é un mundo!!

 Si, un mundo posible. Iso pensamos. Outra cousa é facelo realidade. Por iso o noso labor non se limita só á xestión de préstamo de libros, que tamén, naturalmente.

Pretendemos crear un espazo amplo e á vez acolledor no que teñan cabida tódolos membros da Comunidade Educativa e tódolos ámbitos da Cultura e da Aprendizaxe.

A túa participación mediante suxestións, críticas, opinións, será unha forma activa de colaborar. Entrar neste espazo web é a túa primeira decisión libre. Estás invitado!

Poñemos á túa disposición un lugar onde podes atopar unha inmensidade de tesouros: cómics, poesías, aventuras, misterios, fantasías, ciencia-fición, películas, discos… Se tes que facer un traballo, lembra que temos para ti: enciclopedias, libros especializados, revistas, xornais, ordenadores…

Podes Xogar con nós ou participar nos Concursos, en “Xoga con nós”.

Se non sabes qué ler, temos unha sección de libros recomendados, “Libros Interesantes”, na que tamén podes opinar.

Para recordar algunha celebración especial, non deixes de mirar “Lembramos”.

Embarca con nós nesta aventura!! Estende as túas ás e voa!!