FESTA DO SAMAÍN

A festa do Samaín é coñecida en moitos países europeos (mesmo con ese nome) e América, a onde chegou da man dos irlandeses o que hoxe se coñece como Halloween.

Parece que a orixe desta festa parte dunha antiga tradición nos países de influencia celta que, xa hai máis de 2500 anos celebrarían polas actuais datas de Santos e Defuntos cultos en lembranza dos mortos, e rituais na procura da proteccción e amparo dos deuses.

O caso é que sen dúbida era unha festa importante e permaneceu ata os nosos días, pese á cristianización, como unha mostra máis das tradicións de raíz pagá que aínda se manifestan na nosa cultura.

Pretendemos difundir a idea de que é unha festa que nace do máis fondo da nosa tradición, con formas de expresión propias. É a nosa intención promover a participación do alumnado e profesorado elaborando as caveiras que, rematada a exposición/concurso que terá lugar na biblioteca, devolveranse ós/ás alumnos/as para que sexan colocadas, como antano, para asustar ós inimigos nas corredoiras que aínda quedan seguramente preservadas polos deuses a tal efecto.