I.E.S. LELIADOURA

SITUACIÓN
O IES Leliadoura atópase na península da Barbanza, de gran riqueza arqueolóxica e fermosura paisaxística. Concretamente, está situado no lugar de Frións do Concello de Ribeira, a 2 Km do núcleo urbano. Dende as súas amplias ventás poden divisarse a placidez das augas da Ría da Arousa e mesmo a bravura do mar aberto batendo no Carreiro en Aguiño ou na illa de Sálvora, pertencente ao Parque Natural das Illas Atlánticas.

HISTORIA
O instituto comezou a súa andaina no ano 1995 e nel escolarízase alumnado procedente dos colexios adscritos: CEIP Olveira, CEIP Aguiño, CEIP Frións, CEIP Carreira. Tamén temos alumnado doutros colexios do concello e mesmo doutros concellos como é o caso do CEIP Xuño. Nos Ciclos Formativos contamos con alumnado de toda a comarca da Barbanza e doutras comarcas, especialmente do concello de Porto do Son.

OFERTA EDUCATIVA
No IES Leliadoura contamos con 434 alumnos e alumnas aos que se lles imparte ESO, bacharelatos de Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza e ciclos formativos de grao medio: Comercio e Xestión Administrativa; e de grao superior: Administración e Finanzas, Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas e Administración de Sistemas Informáticos. Tamén contamos con varios perfís de Programas de Garantía Social da modalidade B.

INSTALACIÓNS
En baixo e dúas plantas que representan un total de 5.200 m2 repártense 20 aulas, 1 biblioteca, 3 laboratorios, 7 departamentos, 9 aulas de informática, 1 CASI (Centro de Administración de Sistemas Informáticos), 1 aula de plástica, 2 talleres de tecnoloxía, 1 ximnasio, 1 aula de usos múltiples, 5 despachos, 1 secretaría, 2 aulas de pedagoxía terapéutica, salas do profesorado, arquivo, conserxería e cafetería. Rede Informática: neste instituto está funcionando unha rede que permite a todos os usuarios e usuarias o acceso a internet dende calquera equipo do centro e ao mesmo tempo á conta persoal de cada un.

PERSOAL
Profesorado: 61
Persoal de Administración e Servicios: 7