volver ao índice de fichas


electrostática

1 A forza de interacción eléctrica entre dúas cargas é directamente proporcional ao producto das cargas eléctricas e inversamente proporcional á distancia de separación -Lei de Coulomb-

expresion matematica da forza electrica entre duas cargas

onde ke é unha constante que depende do medio onde están as cargas, no vacio vale 8.99×109 / Nm2C-2 .

2 O campo eléctrico nun punto é, por definición, a forza que experimentaría a unidade positiva de carga colocada alí, E = F/q'. Polo tanto o campo creado por unha carga puntual nun punto está dirixido radialmente e vale

expresion matematica do campo electrico

O campo eléctrico creado por varias cargas é a suma vectorial dos campos creados creados por cada carga por separado -principio de superposición-, logo a forza que experimenta unha carga q' no interior dun campo eléctrico E valdrá F = q'.E

3 O campo eléctrico pode representarse mediante liñas de forza que teñen a súa orixe nas cargas positivas e rematan nas negativas. A súa intensidade depende da densidade de liñas de forza. Así, podemos representar o fluxo eléctrico (ΔΦe) a través dun elemento de superficie (ΔS) como o producto da compoñente do campo eléctrico perpendicular á superfice pola área do elemento,

ΔΦe = En.ΔS

O fluxo saínte a través dunha superficie pechada é igual a 4πke multiplicado pola carga total que hai no interior da superficie - Lei de Gauss-

Φe-sae = ∫En.ΔS = 4πke.qint

4 A diferencia de potencial entre dous puntos é o traballo por unidade de carga que debemos facer para trasladar unha carga de proba desde un punto a outro dun campo eléctrico. No caso de que o campo eléctrico E sexa constante e dirixido nunha dirección dada (p.ex. X) a diferencia de potencial entre dous puntos x1 e x2 estará dada por

ΔVe = -Ex.Δx

O potencial eléctrico crado por unha carga q nun punto situado a unha distancia r é (escollendo Ve = 0 no r = ∞)

expresion matematica do potencial electrico

5 Un sistema de cargas almacena enerxía potencial eléctrica. A enerxía potencial eléctrica que almacena un sistema sinxelo formado por dúas cargas q e q' puntuais separadas unha distancia r está dada por:

expresion matematica da enerxia potencial electrica

Observemos que a cantidade keq/r é o potencial creado pola carga q a unha distancia r, logo a expresión anterior tamén podemos escribila así

EPe = Ve.q'

Lembremos que o traballo feito polas forzas internas supón unha diminución da EP do sistema (Wint = -ΔEP) , logo:

We = F.Δx = -ΔEPe


Anterior: ÓPTICA ; Seguinte: MAGNETISMO