COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL:

Máis de 150 alumnos, alumnas, profesores e profesoras do IES Leliadoura asinan un compromiso persoal por procurar un entorno máis saudable.

Os 5 apartados que se recollen na proposta pretenden ser un punto de partida para multiples actividades...

Próximamente comenzara a funcionar un obradoiro de reciclaxe de papel, comenzarase a utilizar no centro papel reciclado, excursións a lugares de interese, poñerase en marcha un plan de aforro de enerxía...

¡Anímate! Ti tamén podes asinar o escrito e facer as túas propostas.

  • Do compromiso á acción
  • Programa Leliadoura para o aforro de enerxía
  • Programa Leliadoura para o uso racional do papel
  • Do Compromiso á acción

    Logo de ter asinado unha gran maioría do alumnado e profesorado o Compromiso Medioambiental, é o momento de que se poñan en práctica propostas concretas de actuación nas aulas e nos espacios comúns para desenvolver actividades que promovan o desenvolvemento daquelas propostas...
     

    Os alumnos e alumnas do IES Leliadoura
    Propoñemos a todos e todas

      1.- Procurar o aforro de enerxía nas aulas. Utilizando as persianas e luces correctamente podemos aforrar ata un 20%.

      2.- Utilizar o papel racionalmente. Recoller o papel na aula para reciclar. Utilizar máis papel reciclado.

      3.- Colaborar para manter a aula e o Centro limpo de papeis e outros lixos.

      4.- Participar nas tarefas de mantemento do patio, non manchalo e respectar as árbores.

      5.- Facer as clases máis activas e participativas: saídas, excursións, experiencias, festivais...

     

    As dúas propostas que seguen refírense ós dous primeiros puntos da proposta: o aforro de enerxía e o uso racional do papel.

    Ambas as dúas se someten a coñecemento e debate por parte do profesorado e alumnado. Comezan a desenrolarse desde este momento e poderán ser revisadas sobre a marcha pois son propostas abertas e de participación voluntaria.

    Aínda que o afondar no coñecemento dalgúns temas (Papel, Enerxía) pode ser materia dunha área determinada (Ciencias, Física.Química...) os valores que se promoven e as pautas de comportamento que se propoñen (aforrar enerxía e papel etc.) deben ser comunmente valorados e asumidos polo conxunto de profesorado e alumnado.

    Actividades complementarias, previstas ou non, poderán favorecer o desenvolvemento das diferentes propostas e facilitar a cadar os abxectivos que se perseguen, así, está previsto:

      - facer un obradoiro de reciclaxe de papel (Aberto a tódolos cursos)
      - as xornadas de divulgación da enerxía solar (ESO)
      - visita á Central Térmica de Meirama (2ºESO)
      - visita ás Fragas do Eume. (1º de ESO)
      - limpeza do patio (todos)
      - plantar árbores
      - observación de aves (Vixán)
      - coñecer o Parque natural de Corrubedo.
      - divulgación das actividades dos grupos ecoloxistas
      -...

    Programa Leliadoura para o aforro de enerxía

    Xustificación

    Son evidentes as razóns para que promovamos o aforro de enerxía:

      - custo en diñeiro do propio Centro
      - efectos medioambientais
      - necesidade educativa

    Sen entrar a detallar polo miúdo os aspectos anteriores (para máis información visitar www.adega-galiza.org ou www.greenpeace.org) pódese dicir que o noso Instituto ven gastando anualmente en enerxía eléctrica máis de 16.000 € ós que hai que sumar máis de 2.500 € en calefacción. O obxectivo deste programa a medio prazo debe ser o de REDUCIR O CONSUMO NUN 15-20%, mediante unha serie de propostas sinxelas que son doadas de poñer en práctica e non supoñen inversión por parte do centro

    Requiren, iso si, a participación activa do Profesorado, que en xeral acepta de bo grao participar en actividades deste tipo, para promover tamén actitudes no alumnado que, en conxunto, nos achegarán á consecución dos obxectivos deste Programa tanto nos aspectos económicos como nos ambientais e educativos. Pensemos que por ser a enerxía unha cuestión de importancia social, afecta a tódalas áreas o seu tratamento educativo.

    Condicións xerais da iluminación no centro

    O Instituto dispón na súa maior parte de lámpadas fluorescentes (eficientes enerxeticamente) e unha aceptable iluminación natural. Trátase de utilizar esta última o máis posible e reducir ó máximo o uso das primeiras.

    En xeral as persianas están baixas unha gran parte do tempo de clase. As razóns soen ser: “os reflexos”, a “molestia” do sol (os días que o hai) ou simplemente “xa estaban así”. Nas aulas que dan ó patio interior as razóns máis frecuentes redúcense, case sempre , á última.

    Nas aulas 1,2,3, 4 e 5 e superiores é onde o sol pode “molestar” ás primeiras horas da mañá porque da de fronte.

    Hai que ter en conta ó aplicar estas medidas que, en xeral, son algo máis escuras as aulas canto máis interiores e inferiores son.

    Aforrar enerxía nas Aulas

    PROPOSTAS (Discutir e acordar en Titoría)

      • Apagar habitualmente a fila de luminarias do lado das fiestras. Subir as persianas o máis posible. Os días nubrados : de todo. Considerar que, durante a maior parte do ano, o sol non molesta se non se mira directamente. En días máis claros probar de apagar tamén as luminarias centrais, e, se é posible, todas.
      • Non acender nunca as luces haloxenas (enriba do encerado) por ser pouco eficientes.
      • Apagar sempre as luces da aula cando saímos máis de 20 minutos (Recreos ...)
      • De levar a cabo estas medidas será encargado un/ha alumn@ semanalmente rotando por todos os da aula aínda que todos en xeral seremos corresponsables.
      • Apagar os ordenadores cando non se utilizan.
      • Traballar na aula o tema da Enerxía, ¿canto nos custa?, ¿por que é necesaria?, ¿que consecuencias se derivan do seu uso?...
      • Colocar nas aulas carteis que nos recorden as normas a seguir

    Aforrar enerxía nos corredores

      • Reducir as lámpadas dos corredores.

    Aforro de calefacción

    Sendo a temperatura idónea unha cuestión moi subxectiva proponse como consideración de partida a seguinte:
    As ventás das aulas e dos corredores están en xeral abertas o que indica un exceso de temperatura maiormente. As portas de entrada ó Centro están moitas veces innecesariamente abertas

    PROPOSTAS

    Proponse reducir lixeiramente a temperatura así como as horas de funcionamento da calefacción. Tamén se poden pechar algúns radiadores dos corredores.

    Procurarase que das portas de entrada ó Centro sempre estea pechada unha delas alomenos.

    En xeral serán os conserxes os encargados de controlar estes ámbitos de calefacción e corredores.

    MÁIS PROPOSTAS...

    - Para evitar que o Sol dea de fronte, pódese probar a cambiar de lado (ó oposto) os encerados das aulas do lateral Este. O Sol case nunca daría oblicuamente de fronte como agora senón oblicuamente de costas. Non é unha medida cara e poderíase ensaiar nunha aula durante un tempo.

    Programa Leliadoura para o uso racional do papel

    * Fai as túas propostas para melloralo / ¿A ti que che parece?

    Xustificación

    O uso racional do papel ten evidente interese para un centro educativo como o noso por razóns:

      - económicas
      - ecolóxicas e
      - educativas

    Situación actual.

    O gasto anual de papel de diferentes tipos, pero sobre todo folio A-4 móvese sobre unha cifra aproximada de 3.000 €. Este gasto, ademais, está moi vinculado directamente a outro colateral de enerxía, mantemento de maquinaria, e consumibles (tóner, tinta, clichés…)

    Normalmente non se aproveita o papel polas dúas caras (en fotocopias e impresoras) e utilízanse para a aula (operacións, borradores, debuxos…) folios de primeiro uso.

    As fotocopias defectuosas tíranse cunha sola cara usada. Moitas fotocopias non son recollidas polos destinatarios e tíranse finalmente. Nestes últimos cursos víñase utilizando papel reciclado sempre en proporción moi pequena.

    O Obxectivo deste Programa é promover un aforro a curto prazo dun 10-20% do papel consumido nos diferentes usos. (Producirase un aforro indirecto en enerxía e consumibles ).

    Propostas:

    Política de compras de papel

      - Comprar papel branco libre de cloro (TCF ou ECF) con certificación Medioambiental
      - Introducir paulatinamente maior cantidade de papel reciclado ecolóxico (posconsumo).
      - Facer un control anual de gasto e uso dos diferentes tipos de papel. (Secretario)
      - Utilizar preferentemente papel reciclado para os impresos oficiais e documentación do Centro.

    Normas de uso do papel

      - Priorizar o uso de papel reciclado sobre o branco.
      - Utilizar papel branco para fotocopias e reciclado para multicopia (+ de 25 copias).
      - Fotocopiar polas dúas caras cando sexa posible.
      - Utilizar na aula papel usado por unha cara para operacións, borradores, debuxos…
      - Pagar os encargos de fotocopias por adiantado (alumnado, para evitar que non se recollan)
      - Recoller axeitadamente o papel na aula. (Tamén na casa)
      - Na impresora: reducir as marxes e utilizar folios usados para probas

    Aprende a facer papel:

      - Participa no obradoiro de Reciclaxe de Papel.