|
|
|
REDE OLIMPIA:
Introducción
Como conectarse á rede. Os contrasinais.
Como construir un contrasinal.
Como cambia-lo contrasinal.
|
|
Introducción á Rede OLIMPIA
Neste instituto está funcionando unha rede que vai permitir a todo usuario acceder a internet dende calquera punto do centro e ó mesmo tempo poder ter os seus datos organizados dun xeito centralizado. De tal maneira que cada usuario/a vai poder acceder ós seus datos dende calquera ordenador do IES.
O ter todo centralizado implica que cada usario da rede (profesores/as, alumnos/as, pas) pode acceder ó seu directorio de traballo dende calquera ordenador do instituto, usando para iso un só nome de usuario e un só contrasinal
Ademais aqueles profesores que impartan clases nas aulas de informática van poder acceder á información dos seus alumnos/as dende calquer equipo do centro.
Este ano instaláronse as salas Vionta e a de Comercio: dispomos dun total de 8 salas de computadores, ademais da biblioteca.
Cada sala ten 23 ordenadores.
Dispomos da sala de computadores "Os Ratos" para a ESO con 24 ordenadores para traballar con calquera tipo de aplicacións.
No CASI (Centro de Administración de Servicios Informáticos) están centralizados tódolos servizos da rede. Conta cos seguintes servidores:
- BREOGAN:
Servidor: (Fujitsu Server F 6000, biprocesador, 256 MB RAM, 1
SCSI do sitema de 4 GB, 1 SCSI de 10 GB onde se almacenan tódolos
datos dos usuarios/as da rede (profes, alumnado, administración,
etc)
- W3: Servidor
Web, e de BBDD, imaxes, etc... para uso de alumnos e
administración da rede.
- XADE:
Servidor usado para a aplicación XADE (Xestión de Centros) de
forma exclusiva.
- ROSALIA:
Servidor de linux e servidor Web Interno do dominio Leliadoura.ga.
Tamén controla o acceso a internet.
- FERRIN:
Servidor para equipos dos departamentos.
- NUNCAMAIS e NUNCAMAIS2: Servidor para equipos da sala de computadores "Os
Ratos".
- MURGUIA: Servidor de Thin Station para equipos da biblioteca.
|
|
¿Cómo conectarse á Rede?
Os Contrasinais:
Para evitar problemas de seguridade na rede cada profesor/a, alumno/a debe ter entrado xa algunha vez na rede, co seu nome de usuario e co seu contrasinal.
O máis importante de todo é o contrasinal. O Contrasinal é como o número dunha tarxeta de crédito, ou o número da caixa forta dun banco. É moi importante ter en conta que o contrasinal é de uso privado e particular. Non lle debemos dar o noso contrasinal a ningún compañeiro/a. Ésto suporía que calquera se podería facer pasar por nos na rede, e acceder ós nosos datos privados, borrar os nosos documentos, exames, etc...
Para solicitar un contrasinal vostede deberá ser un membro do instituto (profesor, alumno, conxerse, etc...). Ó comenzo do curso lle será facilitada unha conta de acceso e un contrasinal para que vostede poida entrar na rede e usar tódolos servicios dispoñibles.
Se vostede se incorpora ó centro unha vez comezado o curso, deberá dirixirse ó CASI para solicita-la súa conta de acceso.
Se nos olvidamos do contrasinal ou ben introducimos un contrasinal incorrecto un número determinado de veces, a nosa conta de acceso á rede quedará bloqueada.
Para desbloquea-la nosa conta, teremos que
dirixirnos ó CASI, onde calquera dos administradores da rede
solucionará ese problema.
|
|
Como construir un contrasinal
- Non usar nomes propios, datas de nacemento, NIF, nome do pai, etc, estas palabras son máis ou menos fáciles de adivinar. Existen programas que teñen diccionarios de palabras, e a xente usa eses programas para averiguar contrasinais.
- Cada contrasinal debe ter como mínimo o seguinte:
1 número
1 letra maiúscula
1 signo de puntuación (, : . - _ ; + - / * etc)
- O contrasinal faise pensando unha frase, p.e. : "este temporal foi moi devastador"
Agora cóllese a primeira letra de cada palabra: “etfmd”
Decídese a maiúscula, p.e.: “etFmd”
Insírese un número, p.e.: “etF3md”
Insírese un signo de puntuación, p.e.: “e*tF3md”
- Quedaría como contrasinal: “e*tF3md”
- Só queda non olviadarse del: onde vai a maíuscula, o número, a frase, etc”
- Se o apuntades nun papel, tan pronto como
saibades de memoria o contrasinal, desfacédevos do papel.
|
|
¿Como cambia-lo contrasinal?
A.- CONECTÁNDOSE POR PRIMEIRA VEZ:
1.- Acender o ordenador
2.- Pulsar CTRL+ALT+SUPR
3.- Aparecerá un cadro de diálogo cunha serie de campos, que se cobren do seguinte xeito:
Nombre de usuario: O nome de usario de acordo coa lista de usarios/as mostrada na táboa de usarios (Campo Nome Usuario)
Contraseña: Leliadoura
Dominio: Xa está configurado por defecto en OLIMPIA
4.- Windows sacará a mensaxe "Su Contraseña ha caducado y debe cambiarla". Pulsar ACEPTAR
5.- Aparece un cadro de diálogo. Cubrir SÓ os seguintes campos:
- Contraseña Anterior: Será facilitada polos profesores (no caso dos alumnos), ou administradores da rede.
- Nueva contraseña: Cada usario/a debe inventar un contrasinal de entre 5 e 8 caracteres
- Confirmar la Nueva contraseña: Repetir o contrasinal anterior.
- Pulsar en Aceptar.
6.- Windows sacará a seguinte mensaxe: 'Se ha cambiado su contraseña'..
7.- Xa está cambiado o contrasinal, este
pódese cambiar cantas veces se desexa
B.- CAMBIAR CONTRASINAL POR SEGUNDA OU MÁIS VECES:
1.- Seguir os pasos 1 e 2 do apartado anterior.
2.- Introducir o contrasinal que se elixiu no paso anterior
3.- Unha vez iniciada a sesión pulsar en CTRL+ALT+SUPR
4.- Aparece un cadro de diálogo.
5.- Pulsar no botón "cambiar contraseña". Aparece un cadro de diálogo. Cubrir SÓ os seguintes campos
- Contraseña Anterior: O contrasinal propio de cada un
- Nueva contraseña: Cada usario/a debe inventar un contrasinal de entre 5 e 8 caracteres
- Confirmar la Nueva contraseña: Repetir o novo contrasinal.
- Pulsar en aceptar.
- Pulsar a tecla ESC para volver ó escritorio.
|
|
|