Historia MGB
O primeiro instituto que existiu na Estrada estaba na calle Vedelle e recibía o nome de Colegio Subvencionado de 2º Enseñanza de La Estrada. Abriu as suas portas no ano 1933, no mes de novembro. Debido a pouca afluencia de rapaces que había naquel momento no noso pobo, moitos dos alumnos non tiñan a idade suficiente que cómpre ter para comezar a educación secundaria. Coñecemos os nomes dalgúns profesores daquel momento, que ademais foron os que estiveron presentes no primeiro claustro que se celebrou:
- Vidal Abascal, matemáticas
- Mosquera Caramedo, ciencias
- Mercedes Costa, literatura
- Antonio Fraguas, xeografía
- Antonio Lino, francés
- Luque, física.
- Director, Don Antonio Lino
- Secretario, Don Antonio Fraguas.
|
Alumnas no patio do Instituto no ano 1933 aproximadamente
|
Nos anos da Guerra Civil (entre os anos 36 e 39 aproximadamente) pechouse este centro e abriuse no mesmo edificio unha academia privada chamada Colegio Reconocido Superior de La Inmaculada Concepción.
No ano 1940 volvese a abrir o instituto, co nome de Instituto Nacional de Enseñanza Media, dirixido por Enrique Vidal.
En 1962 foi transformado por Decreto no Colegio Libre Adoptado de La Estrada.
|
Primer instituto da
Estrada, anos 30
|
|
No ano 1967 o instituto cambiou de localización, pasando á Gran Vía, onde hoxe podemos atopar a biblioteca e o conservatorio. Nesta etapa, recibía o nome Instituto Nacional de Enseñanza Media Mixto de La Estrada. Os diferentes directores foron Don Raúl Souto (entre os anos 70-73); José Sánchez Reboredo, e Mauricio Maïssa. O horario de clase era de 9 a 1 pola mañá e de 4 a 6 pola tarde.
Isto non só supuxo un cambio de localización, se non que foi a creación dun instituto con instalacións e terreos adecuados. Mario Blanco Fuentes, o alcalde nese momento, fixo moitos viaxes a Madrid para conseguir a creación deste instituto.
Existen documentos que mostran que nos primeiros anos o instituto fixo peticións ó Ministerio de Educación e Ciencia para ampliar as instalacións, xa que nun principio o instituto estaba previsto para 400 alumnos, chegando a haber 736.
|
Instituto Nacional de Enseñanza
Media Mixto de La Estrada, anos 70
|
No ano 1983 o instiuto trasladouse á súa localización actual na Avenida da Cultura chamándose I.E.S. Manuel García Barros en honor ao escritor. Os directores de este instituto foron Gisèle Maïssa Rodrigo, Fernando Ramos Lista e na actualidade, Gisèle Maïssa Rodrigo de novo.
|
I.E.S. Manuel García Barros, ano 2008
|
Enviado por admin en 18 Febreiro, 2010 - 13:12.
Esta é a orla correspondente á primeira promoción (anos 1967-1974) do entón denominado "Instituto de Enseñanza Media de la Estrada". Pertence ao ábum Historia do MGB. Atopades a alguén coñecido? Podedes vela con máis detalle picando aquí.
|