E.N.D.L.

Equipo de Normalización e Dinaminación Lingüística

COMPOÑENTES 2010/2011

Coordinador:

  • Carlos Loureiro Rodríguez

Profesorado:

  • Gisèle Maïssa Rodrigo (Dto. Francés)
  • Pura Torres Rodríguez (Dto. Artesanía)

Alumnado:

  • Priscila Pérez Cajaraville (2º Bacharelato)
  • Leticia González Pisos (2º Bacharelato)
  • Manuel De La Calle Cuevas (2º Bacharelato)
  • Rocío Mato Búa (2º Bacharelato)
  • Eva Janeiro Couceiro (2º Bacharelato)
  • Lucía Louzao Brey (2º Bacharelato)
  • Noemí Noya Barrio (2º Bacharelato)
  • Miriam Reboredo Rodríguez (2º Bacharelato)
  • Helena Vilar Rebolo (2º Bacharelato)
  • Marta Rodríguez Castro (2º Bacharelato)
  • Laura Sue Sánchez Rego (2º Bacharelato)
  • Alba Vázquez Touceda (2º Bacharelato)
  • Pilar Mato Barcala (2º Bacharelato)
  • Sandra Álvarez Carbón (1º Bacharelato)
  • Paula Rodríguez Villamayor (1º Bacharelato)
  • Noa Pérez Saborido (1º Bacaharelato)
  • Luís López Bueno (2º Bacharelato)
  • Cristian Carbajales Neira (2º Bacharelato)
  • Etephanie Pereira Matos (2º Bacharelato)

Programación

O obxectivo fundamental do ENDL será a de potenciar o uso da lingua galega en todas e cada unha das múltiples manifestacións da vida académica , deseñar  e poñer en marcha o programa de Planificación Lingüística do centro (PLC) tendo en conta a lexislación  actual,  realizando unha análise da situación sociolingüística do centro, con recollida de datos e elaboración dun diagnóstico.

No PLC faremos constar os seguintes aspectos:

  • Distribución lingüística curricular.
  • Medidas de apoio e reforzo para garantir os obxectivos de fomento do plurilingüísmo.
  • Criterios  para determinar a lingua predominante do contorno.
  • Medidas adoptadas para mellorar a competencia Lingüística do alumnado en xeral e o alumnado con insuficiente dominio da lingua poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle imparten.

Actividades para a dinamización da lingua galega:

Edición de material do Equipo de Normalización:

  • MARCADORES, ADHESIVOS, TARXETAS DE NADAL......
  • Normalmente este tipo de material  elaborado polos alumnos é ben acollido , colaboran outros departamentos e a lingua empregada neste material é sempre o galego con frases significativas dos  escritores  da comarca para manifestación do noso patrimonio literario como expresión lingüística. Mesmo  Slogans referentes á defensa e conservación do galego e á animación da lectura. Anagramas identificativos do noso concello...

CONCURSO LITERARIO en lingua galega ( relato curto e poesía ).

  • Nestas producións literarias propias dos nosos alumnos valoraremos os elementos creativos e innovadores dos traballos presentados.
  • Para incentivar ao alumnado premiamos os mellores traballos nas diferentes categorías , cunha aportación económica.

Actividades de coñecemento de variados aspectos da realidade cultural galega:

  • Dentro deste grupo de actividades, que terá en ocasións unha vinculación directa co desenvolvemento das materias de lingua e literatura galegas, programarase ao longo do curso a asistencia a actos de tipo cultural relacionados coa cultura galega, como: conferencias, teatro, roteiros culturais, exposicións, recitais, concertos....ben no propio centro , ben mediante desprazamentos a outros lugares onde se oferten.
  • Resulta imposible, a estas alturas, determinar un listado destas actividades xa que a meirande parte delas van surxindo ao longo do curso acádemico.

XORNADA AUDIOVISUAL GALEGA:

  • Conferencia de introdución ao tema
  • Proxección de "CURTOS" galegos actuais.
  • Proxección dalgunha película.

Pensamos pórnos en colaboración cos ENDL da zona para organizar estas xornadas  conxuntamente.

As TIC

  • Un dos obxectivos deste ano é coñecer o uso do software en galego pola comunidade educativa e dar a coñecer o término software libre.
  • Tendo en conta que o uso do software en galego e outra maneira de falar galego, intentarase coñecer o grao de uso do software en galego na comunidade educativa do centro e, ao mesmo tempo, intentar concienciar á mesma comunidade educativa para que sempre que sexa posible use software en galego.
  • Traballaremos  un sistema operativo de software libre (Ubuntu Linux). Para dar a coñecer este sistema operativo de software libre  por excelencia que é Linúx  colaborará o Departamento de Física - Química e Informática.

Ofreceremos a nosa colaboración, disponibilidade e apoio a todo o persoal do centro para que tamén nas  súas funcións a lingua galega teña unha correcta presenza. Celebraremos reunións  para poder debater e decidir iniciativas e medidas galeguizadoras a aplicar no entorno do centro.

Estableceremos contacto con representantes dos demais  ENDL dos centros educativos da zona.

Tentaremos que os obxectivos do ENDL do noso centro obeteñan unha resposta acolledora.

As actividades programadas móvense en varias direccións. Por un lado, pretenden involucrar ao alumnado no proceso de normalización coa súa participación activa no emprego do galego en diversas actividades vinculadas á lingua ou á cultura galega. Pretenden tamén unha mellora no coñecemento da realidade cultural galega na sociedade actual.

Por outro lado, gracias ao traballo do equipo  obteremos un coñecemento preciso da realidade da situación actual do centro en canto aos usos lingüísticos do profesorado e do almnado que servirá para posteriores valoracións e actuacións.

Proxección do filme documental "Afranio"

En conxunto coa exposición sobre a figura do senlleiro galeguista Antón Alonso Ríos, proxectarase para o alumnado de 2º de Bacharelato o vindeiro venres 27 de novembro, a 3ª e 4ª hora, o documental "Afranio", baseado na autobiografía do mesmo autor e protagonizado por Luis Tosar. Tedes unha reseña do devandito documental pinchando aquí.

Distribuir contido