Novas ANPA
Petición Audición e Linguaxe na prensa
Enviado por Secret. en 16 Decembro, 2010 - 12:53.La Voz de Galicia e o Faro de Vigo informan sobre as actuacións da ANPA para que o IES Manuel García Barros volva a ter un especialista en audición e linguaxe.
Asamblea da ANPA do MGB o 25 de novembro
Enviado por admin en 11 Novembro, 2010 - 00:53.A Asociación de nais e pais do IES Manuel García Barros, convoca a todos os pais, nais e/ou titores a unha asamblea xeral a celebrar o xoves 25 de novembro de 2010 ás 19.30h en 1ª convocatoria e ás 19.45h en 2ª convocatoria no Salón de usos múltiples do Instituto.
A orde do día, entre outros asuntos, será:
- Eliminación do profesor especialista de audición e linguaxe
- Situación actual do Banco de Libros
- Eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar
- Renovación dos membros da Directiva
- Estado de contas














