Educación plástica e visual
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL
PROFESORES COMPOÑENTES |
|
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA |
CURRÍCULO |
|
LIBROS DE TEXTO |
|
|
RECURSOS WEB |
Traballos de Plástica de 1º de ESO
Enviado por admin en 24 Xuño, 2010 - 10:45.Xa están subidas neste álbum de Flickr as imaxes do traballo dos alumnos de 1º de ESO, que realizaron copias de obras de varios autores galegos, como Maside, Seone, Granell e Caruncho. (preme aquí para ver como presentación)
Adxudicouselle a cada alumno unha parte da obra segundo o grado de dificultade adaptándose as súas capacidades. O formato empregado foi A4, en papel de acuarela para traballar con témperas. Para o paso do debuxo de formato pequeno a grande utilizaron a cuadrícula, aplicando para a súa realización o teorema de THALES. Unha vez rematado todos os traballos pegáronse sobre unha superficie, perfilando ben as unións entre todos os papeis.
Os traballos pasarán a formar parte da decoración interior do centro. Agradecemos aos alumnos o seu esforzo e interese xa que para rematar este traballo empregáronse recreos e todas as horas que tiñan dispoñibles.














