Entrevistas
SondoDance
| Ficha técnica |
|
| Estilo: Baile moderno | ![]() |
| Nome e número de compoñentes: 9 | |
| Lugar: Academia SondoDance, A Estrada | |
| Páxina web: http://www.sondodance.com/ | |
Introdución: SondoDance é un grupo de baile moderno estradense, o cal está collendo moito aforo ultimamente. Son de idades moi variedadas e bailan distintos tipos de música.
(Entrevista a Catuxa Casal, membro de este grupo, Maio de 2009)
Como vos coñecéstedes? Porque algunha das actuais compoñentes preguntounos se queriamos practicar.
Que tipo de música bailades? Un pouco de todo, pero mais funky.
Algunha bailaba antes? Si, a maioría coñecémonos por bailar antes noutra academia.
Canto tempo levades bailando? Dous anos, pero non eramos as mesmas. Algunhas desapuntáronse por falta de tempo e outras apuntáronse para divertirse.
De que idade sodes? Dende os nove ata os quince anos.
Houbo cambios dende que estades dentro? Si, marchou xente.
Cando foi a vosa primeira actuación? Non tivemos, porque ó principio eramos moi poucas persoas, pero agora imos actuar nas festas de San Paio.
Participástedes nalgún concurso? Non na nosa categoría, pero temos pensado presentarnos a algún en verán.
Gañastedes algún premio? Non.
Poñedesvos nerviosas nas actuacións? Non, pero póñenos nerviosos pensar nese momento, por medo a equivocarnos.
Canto tempo lle adicades a ensaiar? Dúas horas e media cada semana, aínda que algunhas veces quedámonos mais tempo para practicar cousas que non nos saen.
Tendes algún proxecto na mente? Si, levamos como seis meses practicando unha coreografía para presentar na nosa primeira actuación.
Pódenos contar algunha anecdota? Pois...cando comezamos a practicar para a coreografía, en principio sempre caia alguén e non nos saía ben pero agora xa o practicamos mais e mais ou menos sálenos mellor que antes.
Como vos sentides bailando? Xenial, porque como todas nos levamos ben sempre ó bailar a coreografía divertímonos moitísimo e pasámolo xenial.
Cantos membros sodes? Nove rapazas.
Lourenzo Álvarez cóntanos o seu paso polo teatro do MGB
ENTREVISTA A LOURENZO ÁLVAREZ (xunho 2009)
Lourenzo Álvarez é un dos profesores de lingua galega e literatura do noso instituto. Respecto á historia teatral do instituto, pensamos que nos podería aportar datos en información. Sabemos que participou nalgunha obra.
P: Na súa actividade teatral, qué obras representou?
Lourenzo: Pois representei unha obra de Eduardo Blanco Amor, que se chamaba "Anxélica no umbral do ceo"
P: De onde sacaba o tempo para esta actividade?
Lourenzo: Pois quedábamos unha vez á semana, a tarde dos mércores moitas veces. Dúas ou tres horas, cando non había ningunha outra actividade, e cando se podía. A verdade é que era bastante problemático, porque despois estaban os exames, faltaba xente...
P: Cómo diría que é a experiencia de traballar con adolescentes?
Lourenzo: Dende o principio sabíamos que a obra non ía a ser algo profesional, sobre todo porque tíñamos moi poucos medios técnicos para traballar. O que a nós nos interesaba realmente era o proceso de traballo, ver como pouco a pouco se ían formando as personaxes. Ó principio saían ao escenario sen lanzarse, falando baixiño, ata que chegaban a coller seguridade e confianza. A moitos destes rapaces veulles moi ben a nivel persoal. Axudoulles a conseguir máis confianza e a se sentir máis seguros de sí mesmos.
P: Prefire o traballo na aula ou ao mando dun escenario?
Lourenzo:
O traballo era un pouco colectivo, eu organizaba as actividades, pero non considerei en ningún momento que estivera ó mando. Nunha clase sí é necesario levar o mando, é dicir, ordear, agora tócanos isto, logo isto... No teatro as decisións tomabámolas entre todos, e é mellor así, traballar en grupo como se foramos un só. E é mellor así,
traballas no grupo e que todos decidan... e nunha clase non é tan fácil, tampouco o alumno está capacitado para decidir qué é o mellor para facer en cada momento.
P: Colaboraron no proxecto outros profesores?
Lourenzo: Si bueno, coa representación empezou Charo Bellot, e despois tamén participou aínda que non moito outra profesora de Francés, que se chamaba Esther. Logo quedei eu ó mando da obra. Houbo tamén un momento no que coincidimos os tres, e bueno despois Charo por cuestións persoais non puido continuar, e esta profesora tampouco e ao final quedei eu. A parte dos que diriximos nalgún momento a obra houbo bastante participación, con valoracións puntuais de outros mestres, para o vestiario, para a escenografía... houbo colaboración de varios departamentos.
P: Que cree que aportan os alumnos?
Lourenzo: Eu creo que o aportan todo, todo... a creatividade sobre todo, as ideas... Igual non tiñan claro como concretar os asuntos máis técnicos, pero as ideas sí que eran deles. Ideas para resolver así algunha escena, para a escenografía, como elexir a música ou os traxes... son cousas que parecen secundarias, pero que ó final dan moito traballo.
P: E que cre que lle aportou a vostede?
Lourenzo: Aprender un pouco desa creatividade, a capacidade de sacar cousas de onde non hai, cando hai poucos medios e poder atopar algunha solución cando parece que non hai ningunha. A min serviume de moito, creo que foi moi enriquecedor, tanto para eles como para min.
P: Entre que idades se levou a cabo a representación?
Lourenzo: Eran do que daquela se chamaba COU, que sería o nivel máis alto, o que agora é segundo de Bacharelato.
P: Onde se representou a obra?
Lourenzo: Representouse un par de veces aquí no centro, era un
local pequeniño, os medios eran escasos, recompiláramos de onde puidemos de outros centros, ou de algún rapaz que traballaba nalgún grupo de teatro. pero eran poucos medios, quedamos todos moi contentos.
P: Cal foi o reparto de personaxes da obra?
Algúns dos personaxes que participaron a día de hoxe son algúns bastante coñecidos.
- Anxélica: María do Carme Ruzo Lodeiro
- Gabrieliño: Eva María Villamor Chedas
- Miguel: Isi
- Deus: david Senén Otero Rodríguez
- Madalena: Margarita Bragaña Vinseiro
- Demo: Victor Manuel Fuertes Viaño
- Poeta: Susana Sánchez Arines
P: A obra conseguiu algúnha mención ou premio?
Lourenzo: Non, simplemente foi unha actividade para o centro. Entón representouse dúas veces, vírona case todos os alumnos do centro, pero non saiu do centro.
P: Podería voltar a formar parte dalgunha representación?
Lourenzo: Sí, si aínda que agora teño menos tempo libre, e entón seríame complicado, e a parte xa hai outra xente levando as actividades, e moi ben por certo. Non se presentou a ocasión pero sí que nun futuro podríamos plantexar.
P: Gustaríalle que fose coa mesma xente?
Lourenzo: Bueno a verdade é que algúns xa estarán casados e con fillos, pero non me importaría traballar con outro grupo de características parecidas. O alumnado daquela época é moi parecido á de hoxe. Algúns dos actores da obra fixéronse algo famosos, ou coñecidos, como Isi, que representaba un dos arcanxos. E tamén facendo de Deus, David Senén, que foi logo cantante de Xenreira, un grupo de rock moi bo que gravou algún disco.
P: Qué momento ou anécdota recorda?
Lourenzo: Pois a verdade é que todo foi moi especial, e ó ver as fotos da representación recordo a situación como si non pasase o tempo.
Galería de fotos do teatro no MGB en Flickr















