Biblioteca MGB

Novidades na Megabiblioteca

2010-10-28-3 novidades_biblio_bis.jpg

Á Megabiblioteca énchese de novos títulos, uns mercados polo Departamento de Galego como Ollos de auga, A praia dos afogados, Big Fish, Aire negro... Outros donados: documentais de natureza da BBC, películas e a última colección editada por El público.

Tamén o clube de lectura NA Estrada-525 adquiriu moitos títulos de literatura e de cómic que, coma sempre, xa tendes á vosa disposición na Megabiblioteca. Entre eles se vos aconsella a lectura dos cómics El caso del velo, Negrinha, Zits, Autobio, Puta guerra e Todo el polvo del camino que tratan dende o choque intercultural ate a adolescencia, a época da Gran Depresión en EE.UU., a Primeira Guerra Mundial ou o consumo responsable. Na literatura xuvenil atoparedes La evolución de Calpurnia Tate, Chocolate amargo, El vendedor de cuentos, Dos velas para el diablo, El coleccionista de relojes extraordinarios; C, el pequeño libro que aún no tenía nombre, La torre y la isla, El nombre del viento, a triloxía La puerta oscura... e na de adultos A praia dos afogados, Herbamoura, Cometas en el cielo, El tiempo entre costuras, El rescoldo, La ciudad y los perros, El sueño del celta... Mais de 60 títulos!!! Podedes consultalos no catálogo da nosa biblioteca na rede.

A MeGaBiblioteca recibe un agasallo

fillo_furia.png
A Megabiblioteca agradece o agasallo, por parte da Librería Kómic, de O Fillo da Furia, e a amable dedicatoria de Manolo López Poy, coautor con Miguel Fernández Vázquez deste cómic. O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova (alias Toribio), o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e algo violento, fiel aos amigos, ...), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder dos caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes fronte á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza... Un cómic moi recomendable.
Distribuir contido