Benvida
Temos o gusto de presentarlles o noso sitio en internet, no que pretendemos informar e dar a coñecer ao público en xeral o noso labor a prol da educación na vila da Estrada. O noso desexo é de procurar información e difusión do labor docente e da vida do Centro nun senso moi amplo.
Marcámonos como obxectivo facilitar a accesibilidade á información da comunidade educativa e do público en xeral e ser un instrumento dinamizador da vida do Instituto, mantenendo dita páxina coa actualidade puntual e en tempo real do que ocorre no noso centro.
Esperamos que dita páxina sexa tamén un elemento de participación de todos os sectores da comunidade educativa e que poidamos ir de vagar facendo instituto. A vida do instituto e o centro en si vai ser o que nós queiramos que sexa, a páxina web é un nexo de unión máis que contribuirá, esperamos, no noso obxectivo.
Gisèle Maïssa. Directora do MGB.
Manuel GARCÍA BARROS (Dos meus recordos)
Pica na imaxe para saber algo máis de Manuel García Barros















