Complementarias

Charla-coloquio

O vindeiro martes 28, entre 16:30 e 18:10 horas, o alumnado de 2º ESO da materia de Educación para a Cidadanía, asistirá a unha charla-coloquio con alumnado e profesorado do EPAPU de Teixeiro. O profesorado deste centro desenvolve o proxecto ANOCA (Aprender no cárcere) para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os interesados da escola e os adolescentes dos centros de secundaria.

Charla

O próximo luns, día 27, o alumnado de 1º de bacharelato asistirá á charla "Te puede pasar" campaña prevención de accidentes, impartida por AESLEME  Galicia, a campaña conta co apoio do Ministerio de Educación e  Dirección Xeral de Tráfico. Sala de usos múltiples de 12:45 a 13:35 horas.

Distribuir contido