Voltar a Cultura Clásica 2ª Avaliación
LITERATURA CLÁSICA: O TEATRO
a) Pica sobre o número da liña que queiras introducir; b) Teclea o nome do termo no recadro en branco que aparece enriba do crucigrama (fíxate nos acentos e na correcta ortografía grega); c) Pulsa no botón de Introducir resposta; d) Cando remates de introducir todas as respostas pulsa no botón "Comprobar respostas".
"Comprobar resposta"
Horizontais:
2. Actor que sae a escena no segundo lugar 5. Actor que sae a escena no terceiro lugar. 7. Festas populares e famosas nas que se representaban obras dramáticas. 8. Planta coa que se coroaba ó autor teatral premiado. 11. Xénero dramático que a través da risa e burla efectúa unha crítica da sociedade da época. 13. Espacio ocupado polo coro, por onde danzaba e se movía. 14. Teatro de reducidas dimensións, onde se representaban as obras a concurso para seleccionar a gañadora. 15. Dirixe o coro. 16. Caracterizan ós actores. Hainas de muller, de vello, etc.
Verticais:
1. Actor que sae a escena en primeiro lugar. 3. Así eran denominados os actores, que non superaban o número de tres. 4. Zapatos de madeira cun piso alto para aumentar a estatura. Usábanse nas traxedias. 6. Cidadáns acaudalados que corrían cos gastos da representación das obras nas festas. 9. Maxistrados de Atenas que seleccionaban as obras dramáticas a concurso. 10. Xénero dramático que representa situacións conflictivas, de feitos intensos e final desgraciado. 11. Compoñentes do coro. 12. Deus grego relacionado coa orixe das representacións teatrais.
Voltar a Cultura Clásica 2ª Avaliación