XEOGRAFÍA DE GRECIA
Cuestionario de resposta breve
Teclea a túa resposta e despois preme no botón "Comprobar" ou INTRO. Se necesitas axuda fai click no botón da pista e recibirás unha letra máis.
Grecia está situada no extremo meriodional da península...
Na antigüidade os gregos ocupaban as costas asiáticas do Exeo e o sur de ..., Sicilia e outros puntos costeiros do Mediterráneo.
Grecia continental subdivídese en septentrional, central e peninsular ou...
Na zona septentrional atópase a rexión de Tesalia, Épiro e...
En Tesalia está o monte..., considerado en mitoloxía como a morada dos deuses.
Macedonia é a patria de...
A Fócide é unha rexión da Grecia central na que se encontra o monte..., coñecido como o monte no que habitaban Apolo e as nove musas.
Hoxe usamos a palabra parnaso para referirnos ó conxunto de... dunha nación, rexión, etc ... ou a escolma de poesías de varios autores.
Unha das rexións máis coñecidas da Grecia central é Beocia. Nesta rexión atópase o lugar de nacemento de Edipo, a cidade de...
A cidade que hoxe consideramos como símbolo idealizado da vida pastoril e rural é ... . Cidade que forma parte do Peloponeso ou zona peninsular.
Na que coñecemos como Grecia insular están as illas Xónicas, Cícladas, Espóradas, Creta e...
A cidade na que naceu a filosofía é... e atópase en Asia Menor, concretamente na rexión de Xonia.
O lugar onde se celebraban os xogos olímpicos na antigüidade é..., cidade da rexión de Élide.
As doce illas do sur das Espóradas reciben o nome de...
A famosa Biblioteca de Celso está situada na cidade de..., en Xonia.