Dime o nome do personaxe da República que corresponde ós feitos que se indican.
Os irmáns Tiberio e Caio Sempronio Graco eran fillos dun importante político romano, tribuno da plebe, dúas veces cónsul, e da filla de Escipión o Africano, vencedor de Aníbal, quen cando morreu o seu marido negouse a casar por segunda vez e entregouse ó coidado dos seus fillos. O seu nome era ....
Foi nomeado tribuno da plebe, pero cando intentou levar a cabo a reforma agraria tivo enfronte á nobreza senatorial. Morreu nuns disturbios.
Fillo dun labrego, foille moi difícil ser aceptado pola aristocracia romana. Intentou gañar méritos no exército e mesmo contraendo matrimonio coa tía do propio Xulio César...
Ó final da súa vida deu cumprimento á profecía de que sería cónsul sete veces, pero morreu ós poucos días.
Lugartenente de Mario, dicían que nel dormitaban xuntos un león e un raposo, e que este último era o máis perigoso...
Ó seu regreso a Roma tra-la campaña contra Mitrídates, elaborou longas listas de proscripcións contra os partidarios do seu rival Mario.
Ante a sorpresa de todos abdicou da dictadura e retirouse á súa vila de Cumas ...
Converteuse nun home moi rico gracias ó control do corpo de bombeiros de Roma.
Dirixiu con éxito as lexións de Roma para sufocar a rebelión do escravo Espartaco...
Morreu na guerra contra os partos. A súa cabeza foi levada xunta ó rei parto, que ordenou que lle botasen por enriba ouro fundido na boca dicindo: "isto é o que cobizaches na túa vida, pois entón cómeo agora..."
Vanidoso, foi un xoguete en mans do senado. Tivo poderes extraordinarios pero nunca se proclamou dictador.
De él dixo Sila: "vixiádeo, porque nel hai moitos Marios..."
Debido á súa fama de seductor na celebración do seu triunfo nas Galias os seu soldados cantábanlle: "Romani, servate uxores, moechum calvum aducimus....!!"
Foi asasinado nas portas da curia.