Elixe a opción correcta
Divindade que provoca unha gran tempestade e bota ós troianos ás costas de África.
Deusa protectora de Eneas, que se lle aparece ó heroe tomando a forma dunha virxe espartana e lle comunica que están no reino de Dido.
Raíña que acolle a Eneas e ós seus compañeiros no seu palacio, despois que estes arribaran ás súas costas logo dunha forte tempestade.
Enviado por Eneas con regalos para a raíña de Cartago.
Rapaz que, finxíndose fuxitivo do campo grego e inimigo de Ulises, fixo crer ós xefes troianos que o cabalo era sagrado e que ningún troiano podía tocalo sen expoñerse a atraer as maiores desgracias para a cidade.
Sacerdote de Neptuno que aseguraba que o cabalo era un agocho de guerreiros gregos e que lanzou unha xabalina que se foi clavar nas costas do monstro mentres resoaba un longo xemido no seu interior ...
Vello rei troiano que morre asasinado de xeito indigno polo grego Pirro.
Pai de Eneas, levado ó lombo polo seu fillo para abandonar unha Troia presa das chamas e capturada polos gregos. Cando os troianos chegan á illa de Sicilia, despois de partir de Cartago, celebran grandes xogos en aniversario da súa morte.
Habita na praias das Estrófadas xunto ás outras Arpías, despois de seren expulsadas da mesa e palacio de Fineo, a quen arrebataban a comida a cotío. Profetiza a Eneas que "non cercaríamos de murallas a terra prometida sen que a fame nos obrigara a devorar as nosas propias mesas"
Viuva do troiano Héctor, casou despois co grego Heleno. Eneas atópaa nun bosque sagrado ofrecéndolle dones fúnebres ó seu primeiro esposo. Ela relátalle tódalas súas desgracias.
Cíclope cego que chama ós seus irmáns para tratar de dar caza a Eneas e ós atemorizados troianos.
Primeiro esposo da raíña Dido.
Divindade que por orde de Xúpiter se presenta ante Eneas e lle manda que abandone a Dido para cumprir a súa grande misión.
Divindade inimiga de Eneas. Ademais de ordenarlle a Eolo que provoque a tempestade que o fai naugragar nas costas de Cartago, cando chegan a Sicilia envía unha ninfa para que convenza ás mulleres troianas de queima-las naves, intentando evitar así que busquen novos territorios. Os deuses axudan a Eneas cunhas oportunas chuvieiras...
Mostrándolle unha rama de ouro, convence a Caronte para que permita a Eneas adentrarse no Averno para falar co seu pai.
Zona do Averno morada dos condenados e teatro dos seus suplicios.
Co seu amigo Pirítoo baixou ós infernos para raptar a Perséfone, pero Hades, simulando recibilos e tratalos favorablemente, deixounos cravados ós seus asentos.
Rei do Lacio que acolle favorablemente a Eneas e lle ofrece a man da súa filla.
Pretendente da filla do rei do Lacio, rival e inimigo de Eneas.
Divindade a quen Venus ordena que forxe unha armadura indestructible e quen, coñecendo os acontecementos do futuro, grava no escudo os futuros triunfos dos romanos.
O reflectir da lúa sobre o seu casco é a causa da morte deste xove troiano e o seu compañeiro Niso, que desobedeceran as ordes de Eneas de quedar no campamento nunha escaramuza coas tropas dos rótulos.
Ninfa que protexe ó seu irmá Turno no combate e mesmo conduce o seu carro tomando o aspecto do auriga Metisco.
Nai de Eneas, a súa guía e protectora durante toda a epopeia.