Cuestións das PAAU 2000/2004 - ETIMOLOXÍA LATINA

  • Suliña o prefixo e dá a definición etimolóxica de: sobreescribir, ultraconservador, circundar (xuño 2000, xuño 2002)

  • Suliña o prefixo e dá a definición etimolóxica de intravenoso, supranacional, propulsión, trasladar (xuño 2001, xuño 2003)

  • Suliña o prefixo e dá a definición etimolóxica de transportar, deportar, importar, comportar, revivir, imposible (setembro 2001, xuño 2002)
  • Suliña o prefixo e dá a definición etimolóxica dos seguintes termos: transformar, introducción, subacuático, infravalorar (xuño 2004)
  • Explica a composición e o sentido etimolóxico das palabras: ultramontano, deportar, conformar, informal, superlativo, transferir. (setembro 2005)
  • Partindo dos tres modelos latinos seguintes, escribe a palabra patrimonial e a palabra culta en galego ou en castelán: plenum - clavem - cathedram (setembro 2000, setembro 2001, xuño 2002)

  • Sinala algunha palabra do texto escollido na que recoñezas unha actual, galega ou castelá (setembro 2001, xuño 2002, xuño 2004, xuño 2005)
  • Indica e comenta a súa evolución ás nosas linguas dos térmos, casteláns ou galegos, (patrimoniais ou cultos) que teñan que ver con voces latinas do texto escollido (setembro 2004)
  • ¿Coñeces algún topónimo de Galicia do que a túa formación latina che permita sinalar a súa etimoloxía? (xuño 2002, xuño 2004)
  • Indica algún vocábulo específico de orixe grecolatina en uso no Bacharelato (setembro 2002)
  • ¿Coñeces algunha palabra en latín, galego ou castelán derivada de ago, "actúo", de fero "levo", e de veho, "conduzo"?. (setembro 2003)