Cuestións das PAAU 2000/2004 - GRAMÁTICA LATINA

  • O sistema de comparación en latín (xuño 2005)
  • A palabra coa que concordan os participios ¿é axente ou paciente? (setembro 2003)

  • As funcións do participio (xuño 2006)
  • Diferencias entre xerundio e xerundivo. Funcións de ambos (xuño 2006)
  • As diferentes manifestacións do dativo como complemento indirecto (setembro 2006)
  • Os complementos circunstanciais con e sen preposición (xuño 2006)
  • Valores comúns entre UT/NE, e QUI, QUAE, QUOD con verbo en subxuntivo (setembro 2004)
  • Oracións causais (xuño 2005)
  • Sabes que as oracións de infinitivo levan o suxeito en acusativo, pero explica, a partir dun exemplo, a construcción de infinitivo con suxeito en nominativo (setembro 2006)
  • Expón de maneira sintética a subordinación interrogativa (setembro 2006)
 
 


¿Só coñeces substantivos da segunda declinación (= tema en –o/-e) con vocativo en -e, tipo domine? (xuño 2002)

  • Na segunda declinación agrúpanse nomes que presentan un xenitivo en singular rematado en -i.
  • Segundo a terminación do nominativo, as palabras desta declinación clasifícanse en tres grupos:
    • Rematadas en -us: populus-i (pobo). Poden ser masculinas ou femininas.
      • Fan o vocativo en -e: popule
      • Os nomes rematados en -ius teñen o seu vocativo en -i, en lugar de -e: filius, filii (fillo).
    • Rematadas en -er: ager-i (campo). Pertencen ó xénero masculino.
      • As palabras co nominativo en -er presentan os dous primeiros casos do singular iguais (ager, ager)
    • Rematadas en -um: templum-i (templo). Pertencen ó xénero neutro. .
      • Todas as palabras neutras presentan a mesma forma para os tres primeiros casos do singular (templum) e tamén do plural (templa).

O nominativo, ¿que funcións pode desenvolver ademais da de suxeito?

  • Este caso pode desempeñar, preferentemente, tres funcións:
    • Suxeito (S): Indica quen realiza a acción do verbo e concorda con el en número e persoa .
      • Hannibal in Hispaniam venit. Aníbal veu a Hispania.
        N-Suxeito
    • Atributo (Atr): É o complemento que cualifica o suxeito por medio dun verbo copulativo.
      • Hannibal dux fuit. Aníbal foi un xeneral
        -------------N-Atrib---
    • Predicativo do suxeito (Pvo): É o complemento que cualifica o suxeito a través dun verbo predicativo.
      • Hannibal venit laetus. Aníbal veu ledo. Pvo
        --------------------------N-PvoSux----

O sistema pronominal (xuño 2002)

Os pronomes latinos pódense clasificar en tres grandes grupos.

1º grupo
  • Persoais: referidos a dúas persoas (1ª e 2º): ego, tu, nos, vos (eu, ti, nós/nosoutros, vós/vosoutros)
    • Adoitan omitirse se funcionan como suxeito. Non obstante, poden aparecer se se desexa darlle énfase ó suxeito ou se se establece unha contraposición entre dous suxeitos.
      • Para darlle énfase: Tu me amas, ego te amo (Ti ámasme, eu ámote)
      • Nunha contraposición: Si tu et Tullia valetis, ego et Cicero valemus (Se ti e Tulia esta des ben, eu e Cicerón estamos ben)
  • Reflexivo: referido, xeralmente, a 3ª persoa
    • Pronome de terceira persoa que fai referencia ó suxeito da oración. Funciona case sempre como C.D. e moi raramente como C.l. (se, sibi)
      • C.D. Poeta se laudat. O poeta lóuvase
      • C.I. Puer manus sibi lavat. O neno lava as súas mans.
  • Posesivos: relacionados coas tres persoas: meus, tuus, suus, (meu, teu, seu)
    • Poden ter valor de determinante ou de pronome.
      • Determinante: Meus frater altus est (Meu irmán é alto).
      • Pronome: Meus est altus (O meu é alto).
    • O seu uso non é demasiado frecuente en latín, pois a posesión adoita deducirse polo contexto. Con todo, poden usarse para dar énfase ou para expresar un certo matiz afectivo
      • Énfase: Murum suis manibus fecit (Fixo o muro coas súas propias mans).
      • Matiz afectivo: Mea mater (miña querida nai).
2º grupo
  • Demostrativos: hic, haec, hoc (este, esta, isto); iste, ista, istud (ese, esa, ¡so); ille, illa, illud (aquel, aquela, aquilo)
    • Reciben tamén o nome de deícticos porque sinalan ou delimitan a distancia no lugar e no tempo entre a persoa que fala e o ser ou obxecto ó que alude: hic (este), iste (ese), ille (aquel)
    • Estes pronomes poden ser anafóricos se se refiren a alguén mencionado anteriormente no discurso:
      • Miles strenue pugnavit; hic victor fuit (O soldado loitou valentemente; este foi o vencedor).
    • Poden ser catafóricos se anticipan algo que se va¡ explicar de seguido:
      • Hoc mater dixit: puer impiger est (Isto dixo a nai: o neno é traballador)
  • Anafóricos: Is, ea, id (el/ela, este, esta...). Non establecen unha localización espacial, como os demostrativos, senón que se empregan para facer referencia a unha persoa ou cousa mencionada anteriormente. Pode funcionar como adxectivo ou pronome. Se é pronome adóitase usar como:
    • Anafórico propiamente dito: Audaccissimus Hannibal fuit; is magnum exercitum per Alpes duxit. ("Anibal foi moi ousado; este conduciu ó exército a través dos Alpes")
    • Pronome persoal de 3ª persoa: Is Venit. ("El veu"). Eum vidit. ("Vino").
    • Pronome posesivo de 3ª persoa: Cognoscimus Ciceronem ex operibus eius. ("Coñecemos a Cicerón polas súas obras")
  • Anafóricos de identidade:
    • idem, eadem, idem (el mesmo, ela mesma, o mesmo): fai referecia a un ser citado anteriormente no texto.
      • Eadem mutata resurgo. Renazo a mesma, pero cambiada
    • ipse, ipsa, ipsum (el/este mesmo, en persoa...): Reforza a identidade dunha persoa ou cousa para destacala.
      • Ipse id vidi. Vino eu mesmo.

3º grupo

  • Relativos: qui, quae, quod (o que, a que...) e compostos: quicumque, quaecumque, quodcumque; quidquis, quidquid (quicquid) (calquera que, calquera cousa que...")
  • Interrogativos: quis (qui), quae, quid (quod), (¿quen?, ¿cal?, ¿que?)...
  • Indefinidos: aliquis, aliqua, aliquid (aliquod) (alguén, algún, algo), ullus, ullla, ullum ("alguén, algún, algunha"), nullus, nulla, nullum ("ningún, ningunha..."); alter, altera, alterum ("outro, outra"); alius, alia, aliud ("outro, outra"); solus, sola, solum; totus, tota, totum, etc.

Morfoloxía e sintaxe do adxectivo comparativo de superioridade (setembro 2004)

Os graos do adxectivo.
  • O adxectivo calificativo expresa unha cualidade que pode presentarse en tres graos:
    • positivo: a cualidade sen máis.
    • comparativo: unha persoa ou cousa (1º termo da comparación) posúe unha cualidade en grao igual, inferior ou superior a outra persoa ou cousa (2º termo)
    • superlativo: Unha persoa ou cousa (1º termo) posúe unha cualidade no maior ou menor grao entre varias persoas ou cousas (2º termo); neste caso estamos a falar dun superlativo "relativo". Se non existe 2º termo falaremos dun superlativo "absoluto".
  • En latín o comparativo de superioridade pode expresarse mediante un procedemento analítico (con determinados lexemas -adverbios e conxuncións-).
    • Por exemplo: Claudius magis/plus altus quam Iulius est.
  • Se embargo, para expresar a superioridade no comparativo o latín recorre con maior frecuencia a un procedemento sintético, consistente na adicción de sufixos intensivos á raíz do adxectivo positivo.
    • Exemplo: Claudius altior quam Iulius est.
  • Así, fomamos o comparativo de superioridade mediante a adicción do sufixo intensivo -ior (para N.V.sing.m. y f.), -ius (para N.V.AC. sing. n.) á raíz do adxectivo en grao positivo.
    • Exemplo: niger,-gra,-grum > nigr-ior, -ius; facilis, -e > facil-ior, -ius.
  • O adxectivo comparativo de superioridade ten, polo tanto, dúas terminacións no N.sg: -ior, para masculino e feminino; -ius, para neutro. Flexiónase segundo o modelo da 3ª declinación (como os temas en consoante).
    • Exemplo: declinación do comparativo de superioridae de altus-a-um > altior, -ius
    SINGULAR
    PLURAL
    M-F
    N
    M-F
    N
    altior
    altius
    altiores
    altiora
    altior
    altius
    altiores
    altiora
    altiorem
    altius
    altiores
    altiora
    altioris
    altioribus
    altiori
    altioribus
    altiore
    altioribus
  • O 2º termo da comparación pode expresarse de dúas formas:
    • precedido da conxunción comparativa quam e no mesmo caso có primeiro termo.
      • Ex: Claudius altior quam Iulius est.
    • en ablativo (esta construcción úsase só cando o 1º termo está en nominativo ou acusativo).
      • Ex: Claudius altior Iulo est.
    • Se non hai segundo termo, o adxectivo comparativo adquire un matiz intensivo.
      • Ex: Claudius altior est: "Claudio é bastante/moi alto".

Enuncia, sen conxugalo, algún verbo irregular, e outro defectivo (xuño 2003, setembro 2003)

Verbos irregulares
  • Volo, vis, velle, volui: “querer”
  • Nolo, non vis, nolle, nolui: “non querer”
  • Malo, mavis, malle, malui: “preferir”
  • Edo, edis, edere, edi, esum : “comer”
  • fero, fers, ferre, tuli, latum: “levar”
  • eo, is, ire, ivi ou ii, itum : “ir”
  • fio, fis, fieri, factus sum, – : “chegar a ser, facerse”

Verbos defectivos

(ós que lles falta parte da súa conxugación)

  • Verbos impersonais que só admiten o uso en 3ª persoa do singular. Soen construirse con oración subordinada substantiva en función de suxeito.
    • oportet, uit:
      • oportet laborare "convén traballar"
    • licet, uit:
      • licet pugnare "é lícito loitar"
    • miseret, ruit:
      • miseret me tui "compadézome de ti
  • Verbos que deixaron de usarse en algúns tempos.
    • memini, isse "recordar"
    • odi, odisse "odiar"
      • odi et amo "odio e amo"
    • coepi, coeptum "empezar"
      • dicere coepit "empezou a dicir"
    • Aio, is, it "dicir"
      • ut aiunt "como din"
    • Inquam, is, it "dicir"
      • Tum ille "electus est" inquit "imperator"... "entón el dixo: foi elixido un xeneral..."

¿Como se conxuga o presente de indicativo de fero e de volo? (xuño 2003)

VERBO FERO

1ªs) fero

2ªs) fers 3ªs) fert 1ªp) ferimus 2ªp) feritis 3ªp) ferunt
VERBO VOLO

1ªs) volo

2ªs) vis 3ªs) vult 1ªp) volumus 2ªp) vultis 3ªp) volunt


¿Que compostos do verbo sum coñeces? (setembro 2003)

  • En latín, os verbos irregulares constitúen un grupo moi reducido, pero o seu uso é moi frecuente. Un dos verbos irregulares máis utilizados en latín é o verbo sum.
  • A partires do verbo sum créanse outros verbos mediante a adición dun prefixo que serve para matizar e completar o seu significado
    • absum, abes, abesse, a(b)fui: distar, estar lonxe de ” (o prefixo ab - proporciona a sum a noción de separación e alonxamento)
  • Os verbos compostos de sum máis usuais son:
    • absum, abes, abesse, afui 'distar, estar lonxe de, estar ausente''
    • adsum, ades, adesse, affui 'estar cerca, estar presente”
    • desum, dees, deesse, defui faltar”
    • insum, fines, inesse, infui “estar en, atoparse en”
    • intersum, interes, interesse, interfui “ intervir, interesar”
    • obsum, obes, obesse, offui “ opoñerse, ser un obstáculo a”
    • praesum, praees, praeesse, praefui 'estar á fronte de”
    • prosum, prodes, prodesse, profui “aproveit
  • Mención aparte merece o verbo possum, potes, posse, potui , 'poder' , for­mado a partires do lexema pot - (procedente de un antiguo adjetivo potis,-e , 'poderoso') e o verbo sum . Este lexema experimenta alteracións fonéticas en determinados contextos:
    • - en contacto cun -s-, a -t final do lexema asimílase: pot-sum > possum
    • - ante vocal, o -t manténse: pot-est > potest
    • -o infinitivo é posse , forma sincopada que procede de * pot-esse
    • Exemplo da conxugación do presente:
      • Possum, potes, potest, possumus, potestis, possunt

A coordinación (xuño 2000, setembro 2000)

  • Proposicións coordinadas
    A oración composta está constituída por dúas ou máis proposicións.
    Cando ditas proposicións establecen entre elas unha relación de independencia sintáctica estamos ante unha oración composta por coordinación.
  • Segundo as conxuncións que se utilicen, as proposicións coordinadas poden ser:

    • -Copulativas. Son proposicións que se suceden unhas a outras. Achilles Hectorem vicit et eum necavit. "Aquiles venceu a Héitor e matouno".
      • As conxuncións máis frecuentes son: Et, atque, ac, -que (e). Nec, neque (e non, nin). Correlativas: non solum... sed etiam (non só... senón tamén); et... et (xa... xa, por unha parte... por outra parte, dunha banda... dou­tra banda, non só... senón tamén). Úsanse tamén como nexos coordinantes as palabras etiam, quoque (tamén).
    • -Adversativas. Expresan certa idea de obxección ou contraste entre as proposicións. Milites pugnaverunt, sed victi sunt. "Os soldados loitaron, pero foron vencidos".
      • Conxuncións: sed, autem, verum, vero (pero); at (pola contra); tamen (non obstante, en cambio).
    • - Disxuntivas: Adoitan expresar xuízos e opinións contradictorios entre si, porque non se poden dar ó mesmo tempo. Aut bellum gerunt, aut foedus faciunt. "Ou fan a guerra, ou pactan unha alianza."
      • Conxuncións: aut, vel, -ve (ou); seu, sive (xa sexa, ou ben).
    • - Causais. Unha das proposicións xustifica ou aclara o dito na outra. Graeci audiverunt Menelaum, nam Helena eius uxor rapta erat. "Os gregos axudaron a Menelao, pois a súa esposa Helena fora raptada."
      • Conxuncións: nam, enim, etenim (pois, posto que, en efecto...).
    • - Ilativas. Unha proposición indica o efecto ou a consecuencia da anterior. Cogito, ergo sum. "Penso, logo existo."
      • Conxuncións: ergo, igitur (logo, así pois, polo tanto...); quare (polo que); itaque (por conseguinte).

¿Que conxuncións coñeces que introduzan "subordinación"? (xuño 2003)

  • Proposicións subordinadas
    A proposición subordinada é aquela que está en relación de dependencia sintáctica con respecto a algún elemento doutra proposición, denominada principal. Se a proposición subordinada se separa da principal, carece de sentido completo.
    Funcionalmente unha proposición subordinada equivale a un elemento simple (adxectivo, substantivo ou adverbio) que se inclúe dentro da proposición principal. Así, segundo a función que desempeñen, as proposicións subordinadas divídense en adxectivas, substantivas e adverbiais.
  • Conxuncións empregadas na subordinación:
    • Subordinadas substantivas:
ut "que"
ne "que non"
+ subxuntivo
rogo ut venias "rogo que veñas"
cura ne cadas "procura que non caias"
quod "que" + indicativo praetereo quod non venisti "paso por alto que non viñeches"
    • Subordinadas adverbiais:
      • temporais
ut, ubi, cum "cando"
dum "mentres, ata que"
antequam, priusquam "antes de que"
postquam "despois de que"
+ indicativo
+ indicativo / subxuntivo
+ indicativo
+ indicativo
      • causais
quod, quia, quoniam "porque, xa que"
cum "xa que, posto que"
+ indicativo
+ subxuntivo
      • concesivas
etsi, quamquam "aínda que"
cum, ut
+ indicativo
+ subxuntivo
      • consecutivas
ut "que, de modo que" + subxuntivo
      • finais
ut "para que"
ne "para que non"
+ subxuntivo
+ subxuntivo
      • condicionais
si "se"
nisi "senón, a non ser que"
+ indicativo / subxuntivo
+ indicativo / subxuntivo
      • comparativas
ut, sicut, velut "tal como, segundo" + indicativo / subxuntivo

A subordinación de infinitivo (xuño 2004)

  • Concepto e estructura. O uso do infinitivo como verbo maniféstase cando constitúe o núcleo dun predicado verbal nas proposicións subordinadas substantivas.
  • Este tipo de oracións desempeña as funcións propias dun substantivo: Suxeito, C.D, Atributo.
  • Os verbos dos que depende este tipo de oracións subordinadas son xeneralmente dos seguintes tipos:
    • de "entendemento": intelligo, scio, credo...
    • de "lingua": dico, respondeo, clamo, nuntio...
    • de "sentido": video, audio, sentio...
    • de "expresións impersoais" (convén, é licito, e xusto, etc...): decet, oportet, placet, fas est...
  • No caso de que a proposición subordinada leve suxeito explícito, este aparecerá en caso Acusativo.
    • Exemplo: Augustus constituit senatum provincias inspicere. ("Augusto decidiu que o senado inspeccionase as provincias" ); senatum = ac. suxeito de inspicere
  • O infinitivo, núcleo verbal destas proposicións, pode aparecer en calquera dos tres tempos (presente, perfecto e futuro) e das dúas voces (activa e pasiva).
  • Os complementos do infinitivo irán no caso correspondente á súa función, a excepción do Atributo que, igual co suxeito, irá en caso Acusativo.
  • Traducción das proposicións subordinadas substantivas de infinitivo:
    • a proposición subordinada introducirase coa conxunción completiva "que".
    • o suxeito, en acusativo, traducirase sen preposición.
    • o infinitivo deberá traducirse en forma persoal, respetándo a súa voz e concertándoo co suxeito en número e persoa.
      • Exemplo: Omnes putant Romam esse optimam urbem > Todos pensan que Roma é a mellor cidade.
    • O tempo do infitnitivo poderá expresar simultaneidade, anterioridade ou posterioridade con respecto ó verbo principal:
      • infintivo de presente: indica simultaneidade en relación ó verbo da oración principal.
        • Ex: Augustus videt senatum provincias inspicere > Augusto ve que o senado inspecciona as provincias.
      • infnitivo de perfecto: indica anterioridade en relación ó verbo da oración principal.
        • Ex: Augustus videt senatum provincias inspexisse > Augusto ve que o senado inspeccionou as provincias.
      • infinitivo de futuro: indica posterioridade en relación ó verbo da oración principal.
        • Ex: Augustus videt senatum provincias inspecturum esse > Augusto ve que o senado vai inspeccionar as provincias.

As oracións completivas (xuño 2000, xuño 2001)
¿Que oracións completivas se constrúen con ut? (setembro 2002)
¿Con que conxuncións se pode construír en latín as oracións completivas? (xuño 2003)

  • As oracións completivas ou tamén chamadas substantivas, desempeñan xeralmente os oficios de Suxeito ou Obxecto Directo da oración principal.

De infinitivo

  • Concertadas: se o infinitivo leva o mesmo suxeito da oración principal
    • potestis venire "podedes vir" (=mesmo suxeito: vos); laborare debes "debes traballar" (=suxeito: tu)
  • Non concertadas: a oración de infinitivo leva un suxeito diferente co da principal (en Acusativo) ou non o leva.
    • optimum est laborare "o mellor é traballar"
    • optimum est viros laborare "o mellor é que os homes traballen"
Interrogativas indirectas
  • Completivas con carácter interrogativo encabezadas por adverbios, pronomes ou adxectivos interrogativos. Levan o verbo en subxuntivo.
    • Nescio cur taceas ("non sei por qué calas ")
    • Ostende mihi ubi sis ("indícame onde está")
    • Tibi narro quid fecerim ("cóntoche o que fixen")
    • Nescio utrum bonus an malus sit ("non sei se é bo ou malo")
Introducidas por conxuncións
  • Quod + indicativo ("que")
    • Accidit quod tu adfuisti ("sucedeu que ti estiveches presente")
  • Ut + subxuntivo ("que")
    • volo ut respondeas ("quero que respondas")
  • Ne + subxuntivo ("que non"; pero con verbos de temor "que")
    • rogo ne venias ("pídoche que non veñas")
    • timeo ne venias ("temo que veñas")

As oracións de relativo (setembro 2000, setembro 2002)
¿Que oracións subordinadas admiten a construcción co relativo? (setembro 2002)

  • As proposicións subordinadas adxectivas ou de relativo equivalen funcionalmente a un adxectivo, e polo tanto, determinan a un elemento nominal ou pronominal da oración principal.
  • Van introducidas por un pronome relativo. (qui-quae-quod e derivados)
    • Bonus est amicus qui me a periculis servavit. ("Bo é o amigo que me salvou dos perigos")
  • O elemento de referencia denomínase antecedente. Concorda co relativo en xénero e número. Moitas veces é o pronome anafórico is-ea-id
    • Faciam id quod petis ("Farei o que me pides")
  • Tamén poden estar introducidas por adverbios relativos de lugar: ubi "onde"; quo "a onde"; unde "de onde"; qua "por onde".
    • Magna pars exercitus in castra se recepit, ubi ceterae copiae manebant ("gran parte do exército retirouse ó campamento, onde permanecían o resto das tropas")

As oracións finais (setembro 2001)
¿As oracións finais só se poden construir con ut? (xuño 2002)

  • As proposicións subordinadas adverbiais finais son equivalentes a un complemento circustancial de finalidade. Responden á pregunta ¿para qué?.
  • Van introducidas polas seguintes conxuncións:
    • Ut ("para que, a fin de que" )
      • pontem fecit, ut copiae transirent (" construiu unha ponte para que pasasen as tropas" )
    • Ne ("para que non, a fin de que non")
      • pontem fecit, ne hostes transirent (" construiu unha ponte para que non pasasen os inimigos" )
    • Quo ("para que, a fin de que")
      • aperte loquor, quo facilius intelligas ("falo claramente para que entendas con máis facilidade")

As oracións condicionais (setembro 2003)

  • As oracións subordinadas adverbiais condicionais expresan circustancias que condicionan a realización da frase principal.
  • Van introducidas polas seguintes conxuncións: si ("si"); nisi ("se non"); si non ("se non")
    • Condicionais puras: se se cumpre a prótase (condición) cúmprese tamén a apódose (o condicionado)
      • si vales, gaudeo ("se estás ben, alégrome " )
    • Condicionais irreais: expresa unha hipótese contraria á realidade presente ou pasada
      • si equus esses, esses indomabilis (" se foses cabalo serías indomable " )
    • Potenciais: indican un feito posible no futuro, que se se cumpre fará posible tamén o cumprimento da apódose.
      • si velim, plura dicam ("se quixera, diría máis cousas ")

As oracións concesivas (setembro 2003)

  • As oracións subordinadas adverbiais concesivas expresan algo que se concede, que se admite, pero que representa unha circustancia adversa para o cumprimento da principal.
  • Van introducidas polas seguintes conxuncións:
    • con indicativo: quamquam, etsi, tametsi, ("aínda que, a pesares de que, por máis que")
      • quamquam potest, non vult ("aínda que pode, non quere " )
    • Con subxuntivo: quamvis, licet, ut, cum ("aínda que, a pesares de que, por máis que")
      • ut desint vires, tamen est laudanda voluntas (" aínda que falten as forzas, ten que ser loubada a vontade " )
    • Con indicativo ou subxuntivo: si, etiamsi ("aínda que, a pesares de que, por máis que")
      • Victoria, etiamsi ad meliores venit, tamen eos ipsos ferociores reddit ("a victoria, a pesares de que lle chegue ós mellores, volve a estes mesmos máis crueis")

Os valores de cum (xuño 2001)

  • Preposición de ablativo (con): cum liberis ibat (Ía cos seus fillos)
Con indicativo
  • Temporal (cando): cum Caesar in Galliam venit ( cando César chegou á Galia )
Con subxuntivo
  • Temporal (cum histórico):
    • cum + pret.imp.subx.: xerundio, como + subx., ó + infinitivo, temporal simultánea (mentres, ó tempo que...)
      Cum veniret Caesar
      ( chegando César, como chegase César, ó chegar César, mentres chegaba César, ó tempo que chegaba César ...)
    • Cum + plusc.subx.: perífrase, como + subx., temporal anterior (despois de...)
      Cum venisset Caesar
      ( tendo chegado César, como houbese chegado César, despois de que chegase César ...)
  • Causal (porque, posto que):
    • cum vita sine amicis metus plena sit, ratio ipsa monet amicitias comparare ( posto que a vida sen amigos está chea de inquedanzas, a propia razón aconséllanos procurarnos amizades )
  • Concesiva (aínda que):
    • cum omnes gloria anteiret, omnibus tamen carus erat ( aínda que era superior a todos en reputación, sen embargo era querido de todos )

Os valores de ut (setembro 2004)

Con indicativo
  • Temporal (cando):
    • ut praetor factus est, abiit (cando foi nomeado pretor, marchou)
  • Comparativa (como):
    • ut praedixeram, ita accidit (como eu o predicira, así sucedeu )
  • Interrogación directa ou exclamación (cómo):
    • Ut vales (¿cómo estás?); ut totus iacet! cómo está totalmente afundido!)
Con subxuntivo
  • Completiva (que):
    • volo ut mihi respondeas (quero que me respondas)
  • Final (para que):
    • da mihi pecuniam, ut librum emam (dame diñeiro, para que merque un libro)
  • Consecutiva (de modo que):
    • quis tam demens est ut sua voluntate maereat? (¿quen hai tan tolo que sufra por propia vontade?)
  • Concesiva (aínda que):
    • ut desint vires, tamen est laudanda voluntas (aínda que falten as forzas, sen embargo hase de louvar a intención)
  • Interrogativa indirecta (cómo):
    • nam ego vos novisse credo iam ut sit meus pater (pois eu creo que vos xa sabíades cómo é o meu pai)