Cuestións das PAAU 2000/2004 - LATINISMOS

  • Consideramos como latinismos a palabras, sintagmas ou expresións enteiras tomados directamente do latín culto, que chegan ata as nosas linguas actuais sen ningunha modificación.
  • Algunhas destas palabras latinas están xa incorporadas á nosa lingua: a case todas se lles pode antepoñer un artigo, levan til conforme ás regras fonéticas ou se escriben xuntas aínda que fosen palabras separadas.
    • Ex: "un déficit de 100 millóns", superávit, etcétera, maremágnum, ...
  • Hay tamén outras expresións latinas de carácter culto que non seguen as normas de acentuación e se escriben igual que no latín.
    • Ex: alma mater, modus vivendi, numerus clausus.
  • E podíamos considerar un terceiro grupo de "Aforismos", especie de refráns ou sentencias famosas, case sempre formando unha oración completa.
    • Ex: "Alea iacta est", "Ave Caesar morituri te salutant", "mens sana in corpore sano"...

Na táboa seguinte ofrecemos os latinismos que saíron nas cuestións das P.A.A.U. dende o ano 2.000. Na táboa de abaixo (con fondo branco) ofrécese un listado máis completo e comentado.
O número entre paréntese indica o número de veces que saíu. O enunciado da pregunta é sempre: "Explica o sentido das expresións seguintes",ou ben (xuño 2000, setembro 2004): "Escribe unha frase con cada unha das locucións seguintes". Case tódolos anos e en tódalas opcións, tanto en xuño como en setembro, houbo unha cuestión de latinismos, (agás xuño 2004 opción 1, setembro 2004 opción 1, xuño 2005 opción 2, e o ano 2006, no que non houbo latinismos nin en xuño nin en setembro en ningunha opción)

 


LISTADO DE LATINISMOS POR ORDE ALFABÉTICA

A divinis

“ dos divinos oficios”. Suspensión dos oficios nunha igrexa violada.

A latere

“Ó lado”. Persoa subordinada a outra da que parece inseparable.

A nativitate

“ dende o nacemento ” Dende sempre.

A posteriori

“Con posterioridade, despois de que algo suceda” . Razonamiento inductivo, do efecto á causa.

A priori

“Con anterioridade, antes de que algo suceda” . Razoamento deductivo, da causa ó efecto.

A sacris

“ Dos sacros oficios”. Suspensión dos oficios nunha igrexa violada.

A.M.

Ante meridiem : antes do mediodía

Ab absurdo

“Dende o absurdo”. Método usado nas demostracións de xeometría.

Ab illo tempore

“ Dende aquel tempo ”. Dende hai moito tempo.

Ab intestato

“ Dende (unha situación de ) non ter feito testamento ”. Nas leis actuais existen procedementos precisos para determinar, no posible, a posible vontade do testador.

Ab ovo

“ Dende o ovo ”. Dende o principio. Frase tomada de Horacio, que louba a Homero por contar a guerra de Troia centrándose no episodio da cólera de Aquiles, e non remontándose ata o ovo de Leda, do que saíra Helena.

Ab urbe condita

“Dende a fundación da cidade”. Título da obra do historiador Tito Livio, na que se conta a historia de Roma dende a súa fundación (753 a.C.) ata a morte de Druso (9 a.C.).

Accesit

“ Achegouse ”. Recompensa que se outorga a quen no gaña o premio, pero achégase .

Ad absurdum

“ Ó absurdo ”. Utilízase en lóxica para demostrar a veracidade dunha proposición por imposibilidade da contraria.

Ad aeternum

“Ata a eternidade”. Para sempre.

Ad hoc

“ Para isto ”. Axeitado, apropiado, xusto para o que se necesita.

Ad kalendas graecas

“ Para as calendas gregas ”. Ou sexa, nunca.

Ad libitum

“ A gusto , a vontade, libremente ”. Como se queira, suxeito á vontade de cada un.

Ad limina

“ Ata o limiar ”. Emprégase cando un bispo realiza a visita á Santa Sé.

Ad maiorem dei gloria

“Para maior gloria de deus”. Lema da compañía de Xesús. A.M.D.G.

Ad multos annos! "Por moitos anos!". Exclamación: "Que dure moitos anos".

Addenda

“ O que hai que engadir ”. = corrigenda . Fe de erratas ó final dun libro.

Agenda

Libriño onde anotamos “ o que temos que facer ”. Como termo internacional indica a orde do día de debates ou sesións de organismos internacionais.

Album

“ Branco ”. Referido á parede branqueada onde os maxistrados fixaban os decretos, hoxe en día un libro para coleccionar cousas.

Alea iacta est

“A sorte está botada”

Alias

“ De outra maneira ”. Emprégase cando unha persoa ten un alcume e chámase doutra maneira .

Alma mater

“ Nai nutricia ”. Institución que vela polos cidadáns, que os alimenta , v.gr. a universidade, ou persoa relevante dentro de un grupo, que protexe ou coida dos demais.

Alter ego

“Outro eu”. Persoa de confianza, amigo íntimo.

Amantes amentes

“Amantes, dementes”.

Amor omnia vincit

“O amor todo o vence”

Angelus

“ Mensaxeiro ”. Comezo da oración das doce.

Anno domini

“No ano do señor”. Refírese ás datas d.C. Abreviase en A.D.

Ars gratia artis

“A arte pola gracia da arte”. A arte pola arte.

Ars longa, vita brevis

“A arte é longa, a vida breve”

Atra bilis

“ Bile negra ”. Melancolía. Carácter atrabiliario = melancólico.

Audaces fortuna iuvat

“A fortuna favorece ós audaces”

Aurea mediocritas

“ Dourada mediocridade ”. A virtude está no xusto medio.

Aurea mediocritas

“Dourada medianía”. Expresión tomada de Horacio que indica que unha condición media é a mellor, porque outorga máis tranquilidade.

Ave Caesar, morituri te salutant

“Ave, César, os que van morrer saúdante”

Beatus ille

“Ditoso aquel”. Comezo dunha oda de Horacio onde se canta á vida retirada.

Bis

“ Dúas veces” .

Bonum si breve, bis bonum

“O bo se breve dúas veces bo”

Campus

“ Chaira, campo aberto ”. Recinto universitario.

Captatio benevolentiae

“ Captación da benevolencia ”. Técnica retórica que consiste en gañarse ó público o comezo do discurso.

Carnes tollendas

“ Deben suprimirse as carnes ”. Dise do Entroido (3 días que preceden á Coresma).

Carpe diem

“Aproveita o día”. Goza do presente. Máxima do poeta Horacio.

Cassus belli

“Causa de guerra”. Motivo polo que empeza unha guerra ou un conflicto.

Cogito, ergo sum

“Penso, logo existo” . Principio de la filosofía cartesiana.

Coitus interruptus

“Coito interrompido” . Método anticonceptivo pouco fiable onde o varón retírase antes da exaculación.

Colico miserere

Apendicite.

Collige virgo rosas

“Collede, rapazas, rosas”. Tópico literario.

Condicio sine quae non

“ Condición sen a cal non ... ”. Condición necesaria, indispensable.

Confer

Crf . Cf . “ Compara ”. Emprégase para remitir a outra pasaxe do escrito.

Consensus

“ Sentimento compartido ”. Acordo.

Contraria contrariis curantur

“ O contrario co contrario se cura ”. Principio de medicina tradicional

Cornu copia

“O corno da abundancia”. Corno mítico que provía de todo tipo de froitas, obxectos, etc.

Corpore insepulto

“Corpo sen sepultar”. Dise do funeral que se celebra cando aínda non se enterrou o cadáver.

Corpus

“ Corpo ”. Toda a obra dun autor ou colección completa dun mesmo tema. Corpus delicti: “ corpo do delicto ”: probas materiais da comisión do mesmo.

Credo

“ Creo ”. Comezo dunha oración católica; sinónimo de relixión.

Criterium

“ Competición deportiva ”. Sobre todo as de atletismo ou ciclismo, onde se realizan probas de clasificación. Ven do verbo grego krinein que significa “ xulgar ”

Cuique suum

“ A cada un o seu ”.

Cum laude

“ Con louvanza ”. Máxima calificación académica.

Currículum (vitae)

“ Carreira da vida ”. Conxunto de méritos profesionais.

De facto

“ De feito ”, Lexitimidade otorgada polos feitos, oposto a de iure .

De incognito

“ Sen ser recoñecido ”

De iure

“ De acordo coa lei ”. Lexitimidade outorgada pola lei, oposto a de facto .

De visu

“ De vista ”. Coñecer unha cousa despois de vela. ? de auditu : despois de oída.

Déficit

Cantidade que falta.

Delenda est Carthago

“Cartago debe ser destruída”

Delirium tremens

“ Delirio que produce tremores ”. Trastorno do sistema nervioso no que o paciente perde o equilibrio, delira e padece tremores.

Deo iuvante

“ Axudando Deus ”. Coa axuda de Deus.

Desideratum

“ O desexado ”. O ideal de aquilo do que se está a falar.

Detritus

“ Desgastado ”. Resto da descomposición dunha masa sólida.

Dixi

“ Dixen ”. Fórmula para terminar un discurso.

Dura lex, sed lex

“ A lei é dura, pero é a lei ”. Máxima que indica, ó falar dunha lei ou regra que costa cumprir, que non hai máis remedio que obedecela.

Etcétera

“ E as demais cousas ”, "e o restante"..

Ex abrupto

“ que comeza dende unha maneira brusca ”. Sen preparación, bruscamente.

Ex aequo

“ Dende a igualdade ”. Premio compartido con igual mérito.

Ex cathedra

“ Dende a cátedra ”. A cathedra era a cadeira dende onde falaba o rethor, mestre da etapa superior do ensino. Falar en forma autoritaria ou doctrinal.

Ex libris (scientia)

“ A ciencia procede dos libros ”. Marca ou anagrama nun libro que indica, ademais da importancia dos libros, o posuidor do mesmo.

Ex nihilo

“Dende a nada”

Ex professo

“ A propósito, voluntariamente ”

Ex utero

“Dende o útero”. Dende o principio.

Extra muros

“ Fóra das murallas ”. Pode referirse ós muros dunha cidade, templo, castelo, etc.

Exvoto

“ Procedente dun voto ou promesa ”. Ofrenda relixiosa.

Fac simile

“Faino igual”. O substantivo facsímil significa copia ou reproducción exacta do orixinal.

Fac totum

Persoa “ que o fai todo ”.

Festina lente

“Apresúrate a modo ”

Forum

“ Praza pública, tribunal ”. Centro da vida cidadá. Reunión para discutir un asunto.

Fugit irreparabile tempus

“O tempo foxe irreparable”

Gratis et amore

“ Desinteresadamente e por amor ”. Sen cobrar e con amor.

Gravamen

“ Carga” , especialmente fiscal.

Grosso modo

“ De maneira grosa ”. Aproximadamente.

Habeas corpus

“ Teñas o corpo ”. Dereito de todo cidadán detido ou preso de comparecer inmediatamente ante un xuíz ou tribunal, para que, oíndoo, resolva se o seu arresto é legal ou non.

Habitat

“ Habita ”. Lugar onde vive un animal ou planta.

Hic cineres, ubique nomen

“Aquí as cinzas, en todas partes o seu nome”. Epitafio da tumba de Napoleón.

Hic et nunc

“ Aquí e agora ”. Indica o momento presente.

Hic situs est

“Aquí está sepultado, aquí xace”. Inscrición habitual nas lápidas funerarias.

Homo homini lupus

“O home é un lobo para o home”.

Homo sapiens

“Home sabio ”, "home racional". O noso máis inmediato antecesor, despois do homo erectus , faber, antecessor. (erecto, artesán, antecesor ).

Homo sum, humani nihil a me alienum puto

“Home son, e nada humano considero alleo a min ” . Frase do escritor Terencio, citada para expresar o sentimento da solidariedade humana.

Honoris causa (doctor)

“ Por causa de honor” . Cando a algún personaxe se lle outorga un honor que os demais conseguiron a forza de estudios ou traballo; usado sobre todo na concesión de doutorados universitarios.

Horror vacui

“ Horror ó espacio baleiro ”. Tendencia artística que non deixa ningún espacio baleiro.

Ibidem

“ Alí mesmo ”. Remite a una frase xa citada. = loc.cit. (loco citato) : “ lugar citado ”

Id est

“Isto é, é dicir”. Abréviase en i.d.

Idem

“ O mesmo ”. Evita a repetición.

In albis

“ En branco ”. Cando a mente se queda en branco e non sabemos contestar. Dise tamén da persoa ignorante dalgunha cousa.

In articulo mortis

“ No momento da morte ”. Últimas vontades do defunto antes de morrer.

In dubio pro reo

“En caso de dúbida, en favor do acusado”

In dubio, pro reo

“ En caso de dúbida, ó favor do acusado ”. Principio xurídico.

In extremis

“ No último momento ”. Nalgún contexto pode asimilarse a in articulo mortis.

In flagranti (delicto)

“ En ardente delicto ”. No momento mesmo de cometer un delicto.

In hoc signo vinces

“Con este signo vencerás”. A lenda di que ó emperador Constantino aparecéuselle unha cruz con estas palabras en plena batalla. Emprégase para designar aquilo que nos fará superar os obstáculos.

In illo tempore

“En aquel tempo”. Comezo da lectura do Evanxeo. Noutro tempo.

In itinere

“ No camiño ”. A piques de conseguir algo, pero que aínda non se logrou.

In medias res

“ No medio do asunto ”. Ir directamente ó tema, ó gran.

In memoriam

“ Para recordo ” . Para recordar algo ou a alguén.

In mente

“Na mente”. No pensamento. Algo que aínda non se di, pero xa se pensa.

In pectore

“ No peito, no corazón ”. Utilízase nun nomeamento para un cargo: a persoa que ten que nomear o ten in pectore , sen dicilo; aínda non é oficial, pero ninguén ten dúbidas da persoa elixida.

In saecula saeculorum

“ Polos séculos dos séculos ”. Para sempre.

In situ

“ No lugar ”. No lugar exacto.

In vino veritas

“No viño está a verdade”. Quérese indicar que cando un bebe demasiado di as verdades que non diría estando sobrio.

In vitro

“ No vidro ”. Experimento realizado nun laboratorio, v.gr. fecundación in vitro .

In vivo

“ En vivo ”. Experimento dentro dun organismo vivo..

Inri

Iesus Nazarenus Rex Iudeorum “ Xesús nazareno rei dos xudeus ”. Burla ou afronta.

Intelligenti pauca

“Para os intellixentes, poucas (palabras fan falta”.) Como di o refrán: "a bo entendedor poucas palabras".

Inter nos

“ Entre nós ”. En confianza.

Interim

“ Entre tanto ”. Intervalo de tempo.

Ipsis verbis

“Coas mesmas verbas”.

Ipso facto

“ Polo feito mesmo ”. Inmediatamente, no acto.

Iunior

“ Máis novo ”. Categoría deportiva xuvenil ou distinción entre pai e fillo do mesmo nome..

Lapsus

“ Esvarón ”. Erro ou esquecemento na dicción ( linguae ) ou na escritura ( calami )

Libido

“ Desexo “. Desexo sexual.

Locus amoenus

“Lugar agradable”. Tópico literario que recolle a descrición dun lugar onde se alegran todos os sentidos.

Manu militari

“ Con man militar ”. En momentos de guerra ou de estado de excepción confíanse á xustiza militar delictos que normalmente son xulgados por tribunais civís.

Maremágnum

“ Mar grande ”. Situación que supera a un, por tamaño ou complexidade; confusión.

Máxime

“ Sobre todo, principalmente ”.

Mea culpa

“ Pola miña culpa ”. Utilízase para admitir a responsabilidade nun erro.

Memento

“ Acórdate ”.O que fai recordar algo.

Memento mori

“Acorda que has de morrer”. Sóeselle dar este nome a unha caveira considerada como símbolo da morte que aparece en moitas obras de arte, principalmente cadros.

Memorándum

“ O que hai que recordar ”. Acontecemento para recordar un feito ou persoa; resume dunha lección; escrito con tódalas cousas necesarias para realizar un traballo.

Mens sana in corpore sano

“Unha mente sa nun corpo san”.

Mens sana, in corpore sano

“Unha mente sa nun corpo san”

Modus operandi

“ Modo de operar ”. Maneira de traballar, de actuar.

Modus vivendi

“ Modo de vivir ”.

Mora

“ Demora” en contestar unha petición feita por vía legal.

Motu proprio

“ Por propio movemento ”. Voluntariamente, por propia iniciativa.

Mutatis mutandis

“ Cambiadas (as cousas) que deben ser cambiadas ”. Salvando as distancias...(o feito é o mesmo pero cambian as circunstancias, tempo, lugares, etc..)

Nemine discrepante

“ Sen ninguén que discrepe ”. Por unanimidade. Emprégase por exemplo para cualificar a aprobación dun acordo ou acta cando non hai ningunha persoa que se manifeste en contra.

Nihil novum sub sole

“Nada novo baixo o sol”

Nihil novum sub sole

“Nada novo baixo o sol”

Nihil obstat

“ Nada o impide ”. Autorización para celebrar determinados actos.

Non plus ultra

“ Non máis alá ”. Cando se acada a máxima perfección. Por contra o lema concedido polos reis católicos a Colon era plus ultra , máis alá , en referencia a conquista do novo mundo.

Nota bene

“ Fíxate ben ”. A pé de páxina para unha aclaración. Abréviase en N.B.

Nulla dies sine linea "Ningún día sen liña" Conta Plinio o vello que o pintor Apeles, por moi ocupado que estivese, nunca deixaba de pintar alomenos unha liña. Desde entón convertiuse nun proverbio.

Numerus clausus

“ Número pechado ” Número limitado de admisión de alumnos na universidade.

O tempora! O mores!

“O tempos, o costumes”

Omne principium difficile

“Todo principio é difícil”

Omnia praeclara, rara

“Todo o excelente é escaso”.

Opere citato

“ Na obra citada ”. Para referirse á obra dun autor xa citada.

Opus

“Obra”. Refírese á obra ou traballo dun autor, sobre todo en música.

Opus dei

“ Obra de deus ”. Un dos oficios litúrxicos; tamén unha secta relixiosa.

P.M.

Post Meridiem : “ despois do mediodía” .

Panem et circenses

“Pan e xogos de circo”

Panem et circenses

“Pan e xogos de circo”. Expresión inventada por Marcial que reflicte as prioridades da plebe romana.

Passim

“ Por todas partes ”. Cando unha cita aparece continuamente nunha obra.

Peccata minuta

“ Pequenos pecados ”. Cousas sen importancia nunha negociación ou na actuación dunha persoa.

Per accidens

“ Por accidente ”. Por algo externo, non por si mesmo.

Per aspera ad astra

“Por (camiños) ásperos, ata as estrelas”. A través das dificultades acádase a victoria.

Per capita

“ Por cabeza ”. É dicir, “ por persoa ”, como por exemplo a “ renda per capita ” dun país.

Per se

“ Por si mesmo ”. Oposto a per accidens

Persona non grata

“ Persoa non agradable ”. Que non é benvida.

Placet

“ Agrada ”. Na diplomacia aprobación do embaixador proposto por outro pais.

Podium

“ Plataforma elevada ”, onde son conducidos os vencedores dunha proba deportiva.

Post data

Texto que se engade a unha carta xa concluída e asinada . = P.S. Post scriptum.

Primum vivere, deinde philosophare

“Primeiro vivir, despois filosofar”

Primus me circumdedisti

“O primeiro en rodearme”. Divisa de Elcano.

Pro indiviso

“ Sen dividir ”. Cando nunha herdanza o testador non especifica a parte que corresponde os herdeiros.

Pro rata

“ A parte fixa ”. Parte o cota proporcional.

Prosit

“ Que aproveite ”. Invocación ó comer ou beber; fórmula para desexar boa sorte.

Quid

“¿ Que cousa ?”. Refírese á esencia, ó porqué dunha cousa, de ahí que empreguemos a expresión “ o quid da cuestión ”. A expresión completa é quid pro quo , “ algo por algo ”, cando se produce un intercambio.

Quidam

“ Calquera ”. Persoa indefinida, cidadán anónimo.

Quisque

“ Cada un ”. Todo o mundo (popularmente todo quisqui ).

Quorum

quorum praesentia sufficit : “ dos cales a presencia é suficiente”. Número de persoas necesario para darlle validez ós acordos dunha reunión.

Rara avis

“ Ave rara ”. Cousa inusitada, acontecemento singular, persoa que se sae do normal.

Ratio

“ Razón ”. Emprégase para relacionar algunhas cousas, por exemplo a ratio profesor/alumno refírese ó número de alumnos por clase.

Referéndum

“ O que hai que consultar ”. Consulta estatal, normalmente a unha pregunta e con dúas opcións, si ou non.

Requiem

Réquiem aeternam dona eis, domine . “Dálles, señor, o descanso eterno”. Comezo da misa de difuntos..

Requiescat in pace (R.I.P.)

“Descanse en paz”. Inscrición habitual nas lápidas funerarias.

Res cogitans

“Cousa pensante”. O pensamento en Descartes.

Rictus

“ Apertura da boca ó rir ”. Aceno ou xesto sostido da boca.

Rigor mortis

“A rixidez da morte”.

Roma locuta (est) causa finita (est) " Falou Roma. A causa rematou". Frase atribuída a San Agustín onde se pón de manifesto a autoridade Papal, perante a que non cabe discusión nin recurso.

Sancta Sanctorum

“ O (lugar) máis santo de entre os (lugares) santos ”. Aplícase a lugares reservados ou moi especiais para algunhas persoas.

Schola cantorum

“ Escola de cantores ”

Senior

“ Máis vello ”. Categoría deportiva que ven despois da etapa Iunior ou distinción entre pai e fillo do mesmo nome..

Si vis pacem, cole iustitiam

“Se queres a paz, cultiva a xustiza”

Si vis pacem, para bellum

“Se queres a paz, prepara a guerra”

Sic

“ Así ”. Indica cita textual.

Similia similibus curantur

“ O igual cúrase co igual ” Principio da medicina.

Sine die

“ Sen día determinado”. Dise dunha reunión aprazada, por exemplo.

Snob

Abreviatura de Sine nobilitate . Persoa que por admiración ou para parecer máis do que é, adopta actitudes, modas ou ideas que non lle son propias. (vén das listas de admisión nos clubs ingleses)

Solarium

“Lugar para toma-lo sol”.

Stadium

De orixe grega, “ Medida de lonxitude; lugar onde se celebraban as carreiras e demais competicións deportivas ”. Recinto deportivo.

Statu quo

“ Situación na que ”. Situación actual na que se atopa un.

Status

“ Situación ”. Posición ou estado dunha persoa ou cousa.

Stricto sensu

“ En sentido estricto ou rigoroso”. Sen ter en consideración todos os elementos que se poden engadir. ? latu sensu

Sub iudice

“ Baixo a xurisdicción do xuíz ”. Cando se da esta circunstancia hai que esperar a que o xuíz emita o seu veredicto e absterse de formular xuízos que poidan ser contraditos pola decisión de este.

Sui generis

“Do seu xénero, do seu tipo”. Especial, peculiar.

Summum

“O máis alto”. O máis importante.

Suo tempore

“ No seu tempo ”. No seu momento, na súa época.

Superávit

“o que sobrou”. Exceso do haber sobre o debe.

Sursum corda

Parte da misa onde se dicía: “ arriba os corazóns ”. Como consecuencia do descoñecemento do latín por parte dos fieis converteuse en sinónimo dun personaxe anónimo pero de suma importancia e poder.

Terra sigillata

“ Terra selada ” Tipo de cerámica con selo do autor.

Testis unus, testis nullus

“Unha testemuña, ningunha testemuña”. Refírese á necesidade de contar máis de unha testemuña para que a proba sexa válida.

Totus tuus

“Enteiramente teu”

Tu quoque, fili mi

“Ti tamén, meu fillo”

Ubi sunt

“Onde están”. Tópico literario que alude ó poder da morte mesmo cos máis senlleiros de entre os homes.

Ultimátum

Ultima oportunidade a alguén para realizar unha acción, normalmente en contextos políticos ou bélicos.

Ut infra

“como abaixo” . Como se dirá máis adiante.

Ut supra “Como arriba”. Como xa se dixo máis arriba. Fórmula empregada en documentos para remitir a algo que antecede.

Vade retro

vade retro, Satana! . “ Retírate, Satanás” . Emprégase para rexeitar a unha persoa, idea, oferta, etc..

Vademécum

“ Ven comigo ”. Libro para consultar que ten sempre á man, normalmente de medicina.

Vale

“ Que esteas ben de saúde ”. Fórmula de despedida.

Veni, vidi, vici

“Cheguei, vin, vencín”

Verbi gratia

v. gr. “ Pola gracia do exemplo ”. Por exemplo.

Versus

“ Contra ”. Abreviatura vs.. Indica as partes nun litixio xudicial. Tamén se pode empregar en contextos deportivos.

Viceversa

“ Volta a vez, cambiado o turno ”. Ó revés.

Videte supra

Vid. Supr. “Mira máis arriba”. Por exemplo nunha nota a pé de páxina na que se poida repetir o contido dunha anterior.

Vis comica

“ Forza cómica ”. Facultade de algunhas persoas para facer rir.

Velis, nolis / Volens, nolens

“ Queiras ou non queiras ”. Á forza, obrigatoriamente.

Vox populi

“ Voz do pobo ”. Rumor popular. Dise de algo que coñecen todos.