A RELIXIÓN ROMANA
PERÍODOS
- Dende a Fundación de Roma á 2ª guerra púnica (deuses autóctonos, influencia itálica e etrusca)
- Dende o final da 2ª guerra púnica ata ó final da República (influencia grega, abandono dos cultos máis antigos)
- Dende os primeiros tempos do Imperio (novas relixións de influencia oriental)
CARACTERÍSTICAS DA RELIXIÓN ROMANA
- Fusión:
- Elementos mediterráneos: fecundidade, elementos da natureza, ciclos das colleitas
- Marte, Saturno, Diana, Liber, Pomona
- Elementos indoeuropeos: carácter patriarcal e guerreiro, xerarquización
- Xupiter, Marte, Quirino, Fauno, Pales
- Conservación dos aspectos máis antigos e tolerancia ás novas influencias (politeísmo aberto)
- Importancia do culto e ritual
- Concepción abstracta e funcional dos deuses
- Carácter histórico das lendas romanas (heroes que forxaron Roma)
- Relación estreita entre Estado e Relixión: 3 niveis de culto: sacra domestica , gentilicia , publica
- Paralelismo entre relixión e dereito: votum , do ut des .
OS SACERDOTES 
- Relación estreita entre Relixión – Estado.
- A sorte da súa cidade vinculada ó estado de ánimo das divindades.
- Institucións relixiosas: encargadas das cuestións sagradas. A súa finalidade é conseguir que os deuses sexan propicios e obter os seus favores.
- Conexión poder político e relixioso:
- Adiviñación: respostas comprometidas politicamente.
- rex sacrorum : o rei na monarquía. Mantense na república.
- lex Oguinia do 300 a .C. (acceso dos plebeos ós colexios sacerdotais)
- elaboración do calendario (importancia para as eleccións, etc)
- Organización en colexios
- Encargados do culto ós deuses da cidade:
- Rex Sacrorum
- Flamines: Flamen Dialis (Xúpiter), Martial (Marte), etc.
- Pontífices: culto público. Calendario. Cerimonias. Pontifex Maximus.
- Vestales: mulleres patricias. Vesta. Vestal maior.
- Salios: abren campañas militares en marzo. Danzas rituais. Marte.
- Fetiales: ritos de declaración de guerra e firma de tratados de paz.
- Culto ós deuses da natureza:
- Lupercos: consagrados a Fauno. Protección contra os lobos.
- Arvales: consabrados a Dea Día (Ceres). Protección dos campos.
- Predicción do porvir:
- Augures: intérpretes dos presaxios celestes. Predicción do futuro mediante auspicios (vó das aves, polos sagrados) ou observación de raios, tronos e lóstregos. Cerimonias de inauguración de cidades e templos.
- Arúspices : Predicción do futuro mediante a examinación das entranas das víctimas. Orixe etrusca.
- Decemviros : Cerimonias sagradas. Consulta dos Libri Sibyllini : remedios para os problemas.
AS FESTAS RELIXIOSAS
- Feriae : festividades relixiosas. Cerimonia: sacrificios + fórmulas rituais, cánticos.
- As máis importantes:
- Saturnalia : decembro. Se suspendían todas as actividades, inversión dos papeis sociais (escravos>amos), intercambio de regalos.
- Lupercalia: febreiro. En honor de Fauno. Sacrificio dun can o macho cabrío. Rito dos Lupercos para favorecer fertilidade.
- Liberalia: marzo. En honor de Liber (Baco). Protección para as colleitas. Liba , pasteliños entregados por vellas.
- Ludi : xogos. Cerimonias relixiosas misturadas con competicións de todo tipo (teatro, loitas de gladiadores, carreiras de carros, etc)
- Ludi Romani (Xúpiter), Ludi Saeculares (renovación do século), Ludi Apolinares (Apolo)
CULTO PÚBLICO
- Calendario de ritos fixado polos colexios sacerdotais
- Tipos: pregaria, sacrificio, supplicatio , lustratio , devotio , evocatio , interpretación de prodixios e presaxios
CULTO PRIVADO
- Dentro da familia e dirixido polo paterfamilias
- Lares (divindades tutelares do fogar)
- Penates (de penus, “despensa”, velan polo benestar da familia)
- Genius (representa a forza enxendradora do varón, individual, vela polo seu protexido ata que morre)
A MORTE
- Ritos funerarios: enterramento e incineración
- Larvas - Lémures (espíritos malignos)
- Manes (almas dos antepasados, protectores da familia)
O PANTEÓN GRECORROMANO
- A influencia grega
- Deuses principais
A RELIXIÓN NO IMPERIO
- Culto a Roma e emperadores
- Cultos orientais: Cibeles-Atis , Mitra , Isis
- Cristianismo
|