AFRODITA/VENUS
Anterior | Inicio | Seguinte
O nacemento de Venus (1484-1486), Sandro Botticelli. O cadro representa a chegada de Afrodita á illa Citerea tras emerxer do mar sobre unha cuncha. A figura co manto celeste é Céfiro, o vento da primavera que leva a Afrodita cara a illa. A rapaza alada que acompaña a Céfiro é Cloris, a dona das flores. Completa o cadro a Primavera, unha das catro Horas (deusas das estacións), que recibe á deusa cun manto de flores.