TABULAE CERATAE
Anterior | Inicio | Seguinte
Taboiñas de madeira recubertas de cera nas que o alumno escribía as letras co "stylus", punzón afiado nun estremo (para escribir) e romo no outro (para borrar). Cando o neno dominaba a escritura podía escribir sobre pergamino ou papiro usando o "calamus" e a tinta (atramentum). Tamen se facían prácticas de escritura aproveitando pezas rotas de cerámica.