A TOGA VIRILIS
Anterior | Inicio | Seguinte
Ós dezasete anos de idade, e despois de consagra-la "bulla" ós deuses Lares, o xove deixaba a "toga praetexta" e tomaba a "toga virilis", toda blanca; nese momento era considerado un "civis romanus". O novo cidadán recorría o Foro, acompañado do seu pai e amigos e clientes da familia, para rematar no templo de Xúpiter ofrecendo un sacrificio á deusa "Iuventas".