| PRÍAMO CAE A MANS DE PIRRO (X) |
| Anterior | Inicio | Seguinte "... O vello rei Príamo, cando viu Troia en mans dos gregos, tomou as súas armas, decidido a morrer loitando. Muller e fillas intentan disuadilo. De súpeto aparece outro dos seus fillos, Polites, que vén malferido e perseguido por Pirro, que lle da alcance de novo e o volve ferir ata matalo ós pés dos seus pais. Ante as queixas de Príamo pola súa crueldade Pirro arrastra ó ancián polos cabelos, fai esvarar o seu corpo polo sangue do seu fillo e crávalle unha lanza no costado. |
