NISO E EURÍALO (XXIX)
Anterior | Inicio | Seguinte
Dous xoves troianos, Niso e Euríalo, desobedecendo as ordes que deixara Eneas mentres estaba ausente, saen pola noite do campamento e logran dar morte a varios xefes rótulos, fuxindo pouco despois. Trescentos xinetes chegan ó lugar e, ó pasar polo agocho dos xoves troianos, descóbrennos polo reflectir da lúa sobre o casco de Euríalo. Niso logra fuxir, pero ó oír o berro do seu compañeiro dá a volta para rescatalo e morren os dous.