| TESEION |
| Anterior | Inicio | Seguinte Teseion, 449 a.C., así chamado en honor do grande heroe ateniense Teseo, estivo en realidade dedicado a Atenea e Hefesto, na súa calidade de patrón dos artesáns da forxa. Así pois o seu verdadeiro nome foi o de Hefesteion, aínda que no friso exterior que cingue a súa cella nárranse as aventuras do vencedor do Minotauro. É un templo dórico situado xunto á Acrópole de Atenas. |
