Foro de César
Anterior | Inicio | Seguinte
Ademáis de derrubar moitas casas privadas e realizar grandes obras de escavación, César tivo que empregar grandes sumas de diñeiro procedente da conquista da Galia para construír este foro. O monumento máis importante del era o templo de Venus Genitrix (pasa o rato para ve-la reconstrucción), prometido á deusa polo propio César en véspera da batalla de Farsalia contra Pompeio. Foi inaugurado no ano 46 a.C. e nel se depositaron grandes obras de arte.