Reconstrucción do Foro de Traxano
Anterior | Inicio | Seguinte
Foi o último pero tamén o máis suntuoso e espectacular dos foros imperiais. Tiña unha gran praza rectangular, flanqueada por pórticos con columnas no centro dos cales abríanse dúas grandes exedras ou hemiciclos. No fondo unha impoñente basílica, a Basílica Ulpia, chamada así polo nome da familia do emperador. Adosados á basílica había dous edificios simétricos cunha biblioteca latina e outra grega; entre elas a magnífica columna traxana.